xoves, 19 de decembro de 2013

NADAL NA BIBLIOTECA

Para celebrar o nadal na biblioteca, algunhas das nosas axudantes prepararon unha pequena obriña de títeres co Apalpador como protagonista.
Ahí van algunhas fotos da nosa boblioteca neste nadal:






MOI BOAS FESTAS A TODOS !!!!!

martes, 3 de decembro de 2013

NADAL NA BIBLIOTECA DE ATIOS

Estes días andamos a vestir de gala a biblioteca para recibir o nadal, en breve colgaremos algunha foto do resultado do noso traballo; os axudantes da biblioteca xa se puxeron mans á obra e xunto con algúns mestres están a deixala ben elegante.

Xa temos preparada a nosa exposición de libros de nadal, con suxerencias diversas, ahí van algúns títulos:

Antón e O Apalpador, Manuel Castro Lima e Mª Mar Ameixeiras. Editorail Barafunda

La fabulosa Navidad de Pablo Diablo, Francesca Simon. Col. El barco de vapor. Editorial SM
Charlie e a fábrica de chocolate, Roald Dahl. Edicións Xerais



Todos este libros están na biblioteca, podedes vir buscalos.














martes, 26 de novembro de 2013

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: 25 DE NOVEMBRO

Seguindo co calendario de actividades na biblioteca, puxémonos a remexer de novo entre os libros dos nosos andeis buscando libros que nos fixeran comprender a todos o que é a violencia de xénero e pensar que cousas podemos facer cada un de nós para loitar contra ela.

Podemos suxerirvos algún títulos, por exemplo:

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Datos/Portadas/84-8464-571-1.jpg   http://www.librolibro.es/images/portadas/artur-e-clementina-9788484647850.jpg   





O libro dos porcos, Anthony Brownw. Editorial Klandraka









Artur e Clementina, Adela Turín e Nella Bosnia. Editorial Kalandraka










http://www.canallector.com/old-thumbs/978-84-15619-61-1_g.jpg      Un tractor muy, muy ruidoso, Mar Pavón e Nívola Uyá.
                                                        Ed. Cuento de luz S.L


http://www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/covers/rosa-caramelo-C_01.jpg     Rosa Caramelo, Adela Turín e Nella Bosnia. Editorial Kalandraka

DÍA DA INFANCIA: 20 DE NOVEMBRO

No calendario da biblioteca do CPI de Atios esta é un data sinalada que aproveitamos para coñecer cales son os Dereitos do Neno e lembrar que hai moitos nenos no noso entorno e no mundo enteiro que non teñen garantidos todos eses dereitos.

Para conmemorar este día na biblioteca fixemos o que mellor sabemos facer, rebuscar nos andeis e localizar libros que falaran sobre o tema, expoñelos e lelos. Ahí van algunhas fotos das actividades realizadas e algunhas recomendacións para que traballedes nas aulas e nas clases.

                                                            Exposición de libros
                                 María, a coordinadora da biblioteca, lendo os dereitos da infancia

Se queredes ler cousas sobre os Dereitos da iinfancia vos recomendamos:
Convención sobre os dereitos do neno (versión adaptada para nenos e nenas de 6 a 8 anos) http://www.savethechildren.es/docs/Ficheros/258/Convencion_8-8.pdf 
Convención sobre os dereitos do neno (versión adaptada para e nenos e nenas de  9 a 11 anos) http://www.savethechildren.es/docs/Ficheros/258/Convencion_9-11.pdf 
 E por suposto, algúns libros:


Niños como yoBarnabas y Anabel Kindersley
ED. Bruño - Unicef









Tengo derecho a ser niñoAurélia Frointi
ED. Blume

venres, 15 de novembro de 2013

SAMAÍN
Estes pasados días do mes de novembro celebramos o samaín na biblioteca do cole, decorámola coa axuda dos rapaces e rapazas de Educación Infantil e o alumnado de quinto, e fixemos lecturas terroríficas que nos mantiveron en vilo durante uns momentos.