Tamén os alumnos e alumnas de 5º A se animaron e recrearon as portadas dos libros que os están a acompañar nestes días de cuarentena... mirade que chulas¡¡¡¡
ACTIVIDADES EXTRA/COMPLEM. EQUIPO DA LINGUA GALEGA, BIBLI SOLIDARIAS, MOCHILAS VIAXEIRAS
- ACTIVID. EXTRA/COMPLEM (33)
- BIBLIO SOLIDARIA (38)
- ciencias (7)
- Club de lectura (4)
- DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA (51)
- MOCHILAS VIAXEIRAS (3)
- NADAL (1)
- NOVIDADES (5)
- TRABALLOS INVESTIGACIÓN (2)
mércores, 6 de maio de 2020
SEGUIMOS A FESTEXAR O DÍA DO LIBRO
Tamén os alumnos e alumnas de 5º A se animaron e recrearon as portadas dos libros que os están a acompañar nestes días de cuarentena... mirade que chulas¡¡¡¡
SEGUIMOS RECREANDO PORTADAS
Desta vez son os nenos e nenas de 5º C os que se animaron a recrear as portadas dos seus libros favoritos, aquí vos deixo as súas imaxes... MOITAS GRAZAS RAPACES, E GRAZAS TAMÉN Á PROFE BLANCA POLA MONTAXE¡¡¡¡¡
luns, 4 de maio de 2020
RECREANDO PORTADAS
Vos lembrades da proposta que vos fixemos polo Día do Libro, no sentido de recrear portadas de libros para enviarnos e conmemorar así a celebración?
Pois aquí tedes dúas desas portadas recreadas, a de Julia e a de Martina de 1º A de Primaria.
Julia é unha apaixoada de Isidora, un libro que trae moitas veces á escola para lerllo aos seus compañeiros e do que hoxe vos trae a súa particular versión.
Pois aquí tedes dúas desas portadas recreadas, a de Julia e a de Martina de 1º A de Primaria.
Julia é unha apaixoada de Isidora, un libro que trae moitas veces á escola para lerllo aos seus compañeiros e do que hoxe vos trae a súa particular versión.
Martina é outra magnífica lectora da nosa escola e nesta ocasión nos trae un libro adicado a unha gran muller, Madame Curie, á que ela imita fantásticamente.
Que me dicides da foto de Bruno, e a súa irmá, recreando a portada deste libro dos Bolechas?... a que están divertidos!!!!!
Tamén Carolina se animou a recrear unha portada para nós, neste caso a do libro Margarita Metepatas, unha rapaza que acaba metida nunha morea de enredos moi divertidos.
Icía se abrigou ben abrigadiña para recrear a protagonista do libro de Enid Blyton que ela nos propón. e que se titula La niña que encontró una moneda.
Martín nos ensina un libro titulado "De mayor quiero ser feliz", foi un agasallo que recibeu polo Día do Libro e como lle gusta moito nolo recomenda a todos, o capítulo 3 adicado á empatía, é o seu favorito.
E aquí tedes a Alejandra e a súa irmá que prepararon a portada dun libro que se titula " Me gusta"
Moitas gracias Julia, Martina, Bruno, Carolina, Icía , Martín, Alejandra e Icía ¡¡¡¡¡
venres, 1 de maio de 2020
CONTACONTOS DO NOSO ALUMNADO: POR QUE?
MOITAS GRAZAS RAPACES E RAPAZAS, E GRAZAS ALBA POLO VOSO TRABALLO!!!!
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO NOSO ALUMNADO
Os alumnos de cuarto A queren colaborar co noso blog e elaboraron unha serie de recomendacións sobre os libros que están a ler nas súas casas durante este tempo de peche nas casas que vos deixo a continuación dándolles de antemán as gracias a eles e á súa titora polo seu traballo.
Sentimientos.
AUTOR: Varios
autores.
ILUSTRADOR: Con
ilustracións de Suzanne Woolcott.
EDITORIAL: BEASCOA
DE QUE TRATA?
O personaxe
principal e Gorjuss e trata de varias poesías con sentimentos para facerte
sentir ben.
OPINIÓN PERSOAL:
A min gústame
moito porque a poesía e moi bonita e fai que te sintas ben.
Daniela Fernández van Egmond
El gato. Mira cómo crezco.
EDITORIAL: Edebé
DE QUE TRATA?
Forma parte dunha
colección de libros sobre como medran algúns animais. Neste caso fala do ciclo
de vida dos gatos: como viven, das súas características, onde poden vivir, o
tipo de pelo, os bigotes... Ao final
tamén mostra as diferentes razas de gatos que podemos atopar.
OPINIÓN PERSONAL:
Gustoume moito o
libro. Foi moi interesante. Recomendo que o lean todas aquelas persoas que lle
gusten os gatos, xa que conta moitas cousas deles.
Aarón Rodríguez Castro
El Valle
de los Esqueletos Gigantes
AUTORA:
Elisabetta Dami
ILUSTRADOR: Roberto Ronchi e Ennio Bufi
EDITORIAL:
Destino Infantil & Juvenil.
DE QUE TRATA:
Trata do personaxe principal chamado Gerónimo
Stilton que trata de escribir un libro pero non é capaz ata que un día Trampita
(primo de Gerónimo), lle entrega un mapa dun tesouro que estaba nun lugar
chamado “El Valle de los Esqueletos Gigantes”.
Gerónimo viaxou a Mongolia co seu primo Trampita, o seu sobriño Benxamín
e a súa irmá Tea xunto coa doutora Von Fosilen. Alí coñeceron a Ogotai que lles
iba a axudar a chegar alí porque a doutora Von Fosilen se fora sen decir nada, pero o día seguinte de estar no campamento
Ogotai marchou co coche 4x4 e o mapa.
Se queres saber como remata esta
emocionante viaxe deberás ler o libro.
OPINIÓN PERSONAL:
Todas as aventuras de Gerónimo Stilton gústanme
moito pero éste libro é o que máis, e o recomendo, xa que é moi interesante
porque lles pasan moitas aventuras polo medio e estás a intriga ata o último
momento.
Iván
Villar Pedre
Los mundos de Nico. Salvar internet.
AUTOR: Nicolás Segura.
ILUSTRADORA: Lourdes Navarro.
EDITORIAL: BEASCOA.
DE QUE TRATA:
Conta
a historia dun neno, chamado Nico, que xoga ao videoxogo “Base Defenders” co
seu amigo Dani. Un día, por sorpresa, meteuse no videoxogo e tíña unha misión
especial para salvar á internet dun hacker. Por sorte, ía acompañado dos seus
amigos do colexio.
PERSONAXES:
Nico,
o protagonista, é un neno bastante decidido pero que necesita un empurrón para
levar adiante o seu plan. Dani é o mellor amigo de Nico e acompaña sempre que
pode. Cristina e o resto de personaxes aparecen ao longo da conto pero de
maneira secundaria.
OPINIÓN PERSOAL:
Gustoume
moito este libro. Recoméndoo a lectores aos que lles guste investigar cousiñas
novas sobre internet.
Lenny Malik Aneiros Currás.
Los futbolísimos el misterio del último hombre
lobo.
AUTOR: Roberto
Santiago
ILUSTRADOR:
Enrique Lorenzo.
EDITORIAL: SM
DE QUE TRATA? GÚSTANVOS AS
AVENTURAS?
Os futbolísimos viaxan a
Basarri, un pobo cerca de Bilbao, para xogar un torneo amistoso e ademais
impedir que a lenda do gizotso (que un home de Basarri que se convirte en Home
Lobo) se cumpra.
Nos 100 anos de historia do
torneo ningún dos 2 equipos convidados logrou ganar o torneo, así que Las
Ovejas de Undain e Los Lobos de Basarri, están empatados en copas a 50 cada un.
Se este ano ganan Los Lobos cumprirase a maldición.
Ovellas polo campo de
fútbol, ouveos de lobo...e un montón de atrancos ata chegar aos resultados das
semifinais: Ovellas 1 – 0 Soto Alto e Lobos 4 – 3 Athletic Club . A final
deparaba un sorprendente encontro Soto Alto VS Lobos.
O trofeo desaparece é parece
que se vai cumprir a maldición.
Que podería saír mal?
Deixo que vós descubrades o
final .
OPINIÓN PERSOAL:
Aquí contareivos algo sobre
Pakete, o meu personaxe favorito: En realidade chamase Francisco, pero
chámanlle Pakete xa que errou 5 penaltis seguidos, leva o número 7 e é o
dianteiro titular do equipo.
É o meu favorito porque a
pesar de errar 5 penaltis seguidos xoga ben ao fútbol e tamén é moi valente .
A min gústame toda a
colección espero que a vós tamén.
Manuel Lamas Díaz
Diario
de Greg 10: vieja escuela
AUTOR: Jeff Kinney
ILUSTRADOR : Jeff Kinney
EDITORIAL: Molino
DE QUE TRATA?
Greg é o personaxe do libro. É un neno ao que lle pasan
moitas cousas estrañas e divertidas cos seus amigos. Nesta ocasión era verán e
fóronse a un campamento de verán.
OPINIÓN PERSOAL:
Gústame moito porque ten moitas aventuras.
Martín Formoso Lago
ZEUS El grande. La búsqueda
del piojo de oro
AUTOR: Crispin
Boyer
EDITORIAL: National
geographic Kids
DE QUE TRATA?
Na tenda de mascotas Monte Olimpo viven Atenea (unha gata), Zeus (un hamster), Ares
(un can), Poseidón (un peixe globo) e
Demeter (unha carricanta); son os 5 deuses que habitan Grecia. Cando é de noite
viven un morea de aventuras.
OPINIÓN PERSOAL:
Na miña opinión é
un libro moi divertido e moi animado e por iso volo recomendo.
Fernando García Martínez
Los
mosqueteros
EDITORIAL:
Anaya
DE
QUE TRATA?
A
novela trata das aventuras dun xoven de 18 anos coñecido como D´Artagnan, que
vai a París para facerse mosquetero. Xunto con outros tres mosqueteros, Athos,
Porthos e Aramis, os inseparables amigos viven baixo o lema "Un para todos
e todos para un".
Hugo López Doce
Tarzán
EDITORIAL:
EVEREST
DE
QUE TRATA?
Tarzan
narra a historia dun neno que é atopado na selva polo gorila Kala e que se
quedará a vivir con eles alí. Uns animais aceptano como seu amigo pero outros
non. Pasa o tempo e Tarzan vai facéndose maior polo que terá que ir aprendendo
a vivir na selva e pasar vós e malos momentos….
OPINIÓN
PERSOAL:
Tarzán
é un dos meus libros favoritos dende que era moi pequeno, a sua historia
pareceme moi triste pero moi fermosa tamén. Ten momentos tristes e momentos de
intriga que é o que máis me engancha para continuar lendo.
Hugo López Casas
Cecilia Vilela Vilela
Elisa ViIlar Amigo
Lara
López García
Leila
Orjales Vidal
Lucía Núñez Alvariño
martes, 21 de abril de 2020
CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO... PECHADOS NAS CASA
Achégase o DÍA DO LIBRO, unha das datas máis fermosas para calquera biblioteca e para todos os lectores e lectoras de Atios, e aínda que continuamos pechados nas casas por mor do coronavirus non imos deixar de celebrar esta data o vindeiro xoves 23 de abril.
Seguro que hai mil maneiras de celebralo dende as nosas casas, por suposto cun libro na man aproveitando que todos e todas temos máis tempo para adicarlle á lectura estes días de obrigado confinamento.
Unha maneira de celebralo é coa proposta que fai o equipo de infantil para todo o cole e que vos incluín na entrada anterior; animádevos, pode ser ben divertido, e mandádenos fotos, nos encantará recibilas.
En Atios tiñamos pensado adicarlle este día a unha autora da comarca, a Ana Varela, que ven de publicar hai pouco unha fermosa obra titulada "Onde nacen as hedras"; o estado de alarma vai impedir a súa presencia no centro e a celebración que tiñamos acordada con ela... o faremos noutra ocasión, pero vos animamos a ler este fermoso libro e celebrar con ela o Día do Libro.
Esta semana coñecimos a nova do falecemento dunha grande poetisa galega, Luz Pozo Garza, ler algún dos títulos publicados por ela tamén pode ser unha boa maneira de celebrar o Día do Libro.
MOI BO DÍA DO LIBRO A TODOS OS LECTORES E LECTORAS DE ATIOS!!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
































