ACTIVIDADES EXTRA/COMPLEM. EQUIPO DA LINGUA GALEGA, BIBLI SOLIDARIAS, MOCHILAS VIAXEIRAS

domingo, 21 de xuño de 2026


 17 OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE



               ACTIVIDADE POLO ALUMNADO VOLUNTARIO DE 6º CURSO DE PRIMARIA 






VIDEOS  clica sobre o enlace


luns, 15 de xuño de 2026

                           

                                   LIBRO ESCRITO POLO PROFESOR JOSITO


Hoxe na BibliAtios o profesor Josito entregaba a un grupo de alumn@s e tamén á biblioteca o seu libro: 

"LA VIDA MISTERIOSA".

Darlle as grazas por esta entrega e desexarlle moita sorte e éxito!!





 


GUÍA DE VERÁN!!                    

                                                       PARA REFRESCARSE!!


Dende o Equipo da BibliAtios deixamos as recomendacións lectoras para o verán 2026!!

Esperemos que vos gusten!!









mércores, 3 de xuño de 2026

 

CHARLAS SOBRE O ACOSO ESCOLAR



O pasado 2 de maio celebrouse o Día Internacional contra o Acoso Escolar e as alumnas e o alumno da materia de Oratoria de 3º ESO prepararon unhas charlas, adaptadas ás diferentes etapas educativas, para o alumnado de Educación Infantil e de Primaria.

Os rapaces e rapazas asistiron ao longo das semanas seguintes a estas charlas, que se desenvolveron na Biblioteca, e alí aprenderon a distinguir o que é o acoso fronte a outro tipo de violencias, observaron todas as caras que pode presentar o bullying, e coñeceron casos reais e as súas consecuencias. Para os/as máis pequenos/as, a charla foi acompañada das marionetas da Biblioteca, Pelusa e a serpe, que ilustraron á perfección o que é unha situación de acoso escolar.

Ademais, eles e elas tamén puideron participar expoñendo as súas experiencias persoais, preguntando as dúbidas que lles xurdían e reflexionando sobre cal é a mellor maneira de conseguir que o bullying desapareza totalmente da nosa sociedade.











xoves, 21 de maio de 2026

 

EXPOSICIÓN   “NÓS TAMÉN FOMOS EMIGRANTES”



O pasado 23 de abril, o alumnado de 3º ESO asistiu á inauguración da exposición fotográfica “Nós tamén fomos emigrantes”, de Afundación Abanca, que tivo lugar na Casa da Cultura de Valdoviño. Esta actividade estaba incluída no proxecto “Cultura por Alimentos”, mediante o cal as persoas que asisten a algún acto cultural poden voluntariamente ofrecer alimentos non perecedoiros para os bancos de alimentos de Galicia.


Ademais de participar na presentación da inauguración por parte das persoas organizadoras e do alcalde de Valdoviño, o alumnado realizou unha visita pola exposición de imaxes tomadas por fotoxornalistas da época e asistiu a unha interesante charla na que dúas emigrantes, de Arzúa e de Pontedeume, relataron a súa experiencia laboral e vital na Europa dos anos 70 e 80.


A esta actividade tamén asistiu a veciñanza participante nos talleres de estimulación cognitiva do Concello de Valdoviño e das actividades dos Espazos +60.




















domingo, 3 de maio de 2026

 DÍA  DO  LIBRO  

O pasado 23 de abril do 2026 dende a BibliAtios conmemoramos o Día do Libro co apadriñamento lector, actividade que como cada curso escolar, os alumnado do CPI de Atios gústalle realizar...

Deixamos algunha fotos que reflexan este día tan bonito para o noso alumnado.



    

 






Graciñas a tod@s pola colaboración!!




domingo, 12 de abril de 2026

  KAMISHIBAI

O alumnado de cuarto de primaria inventou uns contos que preparou con moito esmero e, despois, aplicou técnicas do kamishibai. Na BibliAtios expuxéronos para os compañeiros e compañeiras de primaria. Bo traballo!