ACTIVIDADES EXTRA/COMPLEM. EQUIPO DA LINGUA GALEGA, BIBLI SOLIDARIAS, MOCHILAS VIAXEIRAS

Amosando publicacións coa etiqueta ACTIVID. EXTRA/COMPLEM. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ACTIVID. EXTRA/COMPLEM. Amosar todas as publicacións

mércores, 3 de xuño de 2026

 

CHARLAS SOBRE O ACOSO ESCOLAR



O pasado 2 de maio celebrouse o Día Internacional contra o Acoso Escolar e as alumnas e o alumno da materia de Oratoria de 3º ESO prepararon unhas charlas, adaptadas ás diferentes etapas educativas, para o alumnado de Educación Infantil e de Primaria.

Os rapaces e rapazas asistiron ao longo das semanas seguintes a estas charlas, que se desenvolveron na Biblioteca, e alí aprenderon a distinguir o que é o acoso fronte a outro tipo de violencias, observaron todas as caras que pode presentar o bullying, e coñeceron casos reais e as súas consecuencias. Para os/as máis pequenos/as, a charla foi acompañada das marionetas da Biblioteca, Pelusa e a serpe, que ilustraron á perfección o que é unha situación de acoso escolar.

Ademais, eles e elas tamén puideron participar expoñendo as súas experiencias persoais, preguntando as dúbidas que lles xurdían e reflexionando sobre cal é a mellor maneira de conseguir que o bullying desapareza totalmente da nosa sociedade.











xoves, 21 de maio de 2026

 

EXPOSICIÓN   “NÓS TAMÉN FOMOS EMIGRANTES”



O pasado 23 de abril, o alumnado de 3º ESO asistiu á inauguración da exposición fotográfica “Nós tamén fomos emigrantes”, de Afundación Abanca, que tivo lugar na Casa da Cultura de Valdoviño. Esta actividade estaba incluída no proxecto “Cultura por Alimentos”, mediante o cal as persoas que asisten a algún acto cultural poden voluntariamente ofrecer alimentos non perecedoiros para os bancos de alimentos de Galicia.


Ademais de participar na presentación da inauguración por parte das persoas organizadoras e do alcalde de Valdoviño, o alumnado realizou unha visita pola exposición de imaxes tomadas por fotoxornalistas da época e asistiu a unha interesante charla na que dúas emigrantes, de Arzúa e de Pontedeume, relataron a súa experiencia laboral e vital na Europa dos anos 70 e 80.


A esta actividade tamén asistiu a veciñanza participante nos talleres de estimulación cognitiva do Concello de Valdoviño e das actividades dos Espazos +60.




















domingo, 3 de maio de 2026

 DÍA  DO  LIBRO  

O pasado 23 de abril do 2026 dende a BibliAtios conmemoramos o Día do Libro co apadriñamento lector, actividade que como cada curso escolar, os alumnado do CPI de Atios gústalle realizar...

Deixamos algunha fotos que reflexan este día tan bonito para o noso alumnado.



    

 






Graciñas a tod@s pola colaboración!!




domingo, 12 de abril de 2026

 M A X I A!!


O venres 27 de marzo a editorial Vicens Vives ofreceu á BibliAtios un espectáculo de maxia para todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.         Moitas grazas por esta actividade!!

A actividade desenvolveuse na Casa da Cultura de Valdoviño, a quen agradecemos a cesión deste espazo, para poder levala a cabo.





 

Manuel Núñez Singala, na BibliAtios!!


A nosa biblioteca recibiu hai uns días a visita do escritor Manuel Núñez Singala, que falou sobre dúas obras co alumnado da ESO que están a ler neste curso.

Grazas por esta visita tan enriquecedora. Todo o alumnado quedou abraiado!!


           

                               

martes, 17 de marzo de 2026

 

HAIKUS  DE  CINE

      Un curso máis...  Haikus   na BibliAtios. Animádevos a participar 👇

 





Aquí temos aos gañador@s!!  Noraboa!!














martes, 10 de marzo de 2026

 

BIBLIATIOS  SOLIDARIAS

 O alumnado voluntario recitará un poema de Rosalía de Castro.


Actuación na casa da cultura, cun público colaborador, a quen agradecemos que dedicasen o seu tempo á nosa BibliAtios Solidaria!!


clica neste enlace para ver o vídeo 👉Presentación


clica neste enlace para ver o vídeo 👉1ª Canción


clica neste enlace para ver o vídeo 👉Alumnado 6º


clica neste enlace para ver o vídeo 👉Alumnado 5º



clica neste enlace para ver o vídeo 👉2ª canción















domingo, 8 de marzo de 2026

 FINA CASALDERREY



Desde GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) piden a colaboración para difundira candidatura de Fina Casalderrey ao Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA) 2026, o recoñecemento internacional máis destacado no ámbito da literatura infantil e xuvenil e da promoción da lectura.

Fina Casalderrey é unha das autoras máis queridas, lidas e fundamentais da nosa literatura, mestra de vocación e referencia para varias xeracións de lectoras e lectores. Entendemos que esta candidatura é, tamén, unha oportunidade para celebrar o libro galego, a lectura compartida e a creación feita desde Galicia.

Para facilitar esta difusión, acheganmos uns documentos e o acceso a una presentación interactiva con:

· unha biografía breve da autora,

· un texto explicativo sobre o premio ALMA,

· bibliografía para poder ser lida nas aulas ou bibliotecas

· e propostas de actividades para bibliotecas escolares e centros educativos, pensadas para desenvolver en Primaria e Secundaria.


             INFORMACIÓN SOBRE FINA CASALDERREY👈(clica)











 8 de marzo de 2026

A nosa biblio quere aportar información sobre esta data tan significativa e relacionala co proxecto do cole: "O CINE".





INFORMACIÓN SOBRE:

CHELO LOUREIRO

INFORMACIÓN SOBRE:

EMMA LUSTRES










INFORMACIÓN SOBRE:

PAULA VALIÑO



























luns, 9 de febreiro de 2026

 


                               11 DE FEBREIRO: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 



            Dende a BibliAtios recomendamos unha serie de películas, divertidas e con mensaxes sobre ciencia:

                              


       Nenas protagonistas que inspiran:


  • “Matilda”
    Amor polo coñecemento, lectura e confianza en si mesma.

  • “Valiente (Brave)”
    Non é ciencia directa, pero rompe estereotipos e fomenta o pensamiento crítico.

  • “Enredados”
    Rapunzel é curiosa, observadora e con ganas de aprender sobre o mundo.

  • "Más allá de la luna” (Over the Moon)

          Fei Fei é unha nena valente que constrúe un cohete para ir á lúa.
          

       🔬 Ciencia, inventos e curiosidade:

  • “La familia Mitchell vs. las máquinas”
    Tecnoloxía, creatividade e unha rapaza súper inxeniosa. Moi actual e divertida.

  • “Lluvia de hamburguesas”
    Inventos tolos, pensamento científico e aprender dos erros.

  • “Wall-E”
    Ideal para falar de ciencia, medio ambiente e responsabilidad.

🚀 Ciencia + aventura

  • “Big Hero 6” (Grandes Héroes)
    Robótica, inventos e unha rapaza xenial no equipo científico.

  • “Astro Boy”
    Tecnoloxía, ética científica e emocións.

  • “El planeta del tesoro”
    Ciencia, exploración e futuro.

  • "Elemental" 

          Ember é curiosa, creativa e aprende a comprender cómo funciona o seu mundo. A película traballa os catro elementos: lume, auga, terra e aire.

                   
           Feliz Día!!   






sábado, 24 de xaneiro de 2026

 

O alumnado de oratoria de secundaria recitan poemas sobre a paz aos compañeir@s de primaria!!





Tamén fixeron unha pequena representación no día da Paz, en contra da guerra.

O alumnado voluntario de sexto de primaria, lían en lingua galega os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
Contaron coa axuda da mestra Carmen Barro.

Podedes ir escoitando: