ACTIVIDADES EXTRA/COMPLEM. EQUIPO DA LINGUA GALEGA, BIBLI SOLIDARIAS, MOCHILAS VIAXEIRAS

xoves, 21 de maio de 2026

 

EXPOSICIÓN   “NÓS TAMÉN FOMOS EMIGRANTES”



O pasado 23 de abril, o alumnado de 3º ESO asistiu á inauguración da exposición fotográfica “Nós tamén fomos emigrantes”, de Afundación Abanca, que tivo lugar na Casa da Cultura de Valdoviño. Esta actividade estaba incluída no proxecto “Cultura por Alimentos”, mediante o cal as persoas que asisten a algún acto cultural poden voluntariamente ofrecer alimentos non perecedoiros para os bancos de alimentos de Galicia.


Ademais de participar na presentación da inauguración por parte das persoas organizadoras e do alcalde de Valdoviño, o alumnado realizou unha visita pola exposición de imaxes tomadas por fotoxornalistas da época e asistiu a unha interesante charla na que dúas emigrantes, de Arzúa e de Pontedeume, relataron a súa experiencia laboral e vital na Europa dos anos 70 e 80.


A esta actividade tamén asistiu a veciñanza participante nos talleres de estimulación cognitiva do Concello de Valdoviño e das actividades dos Espazos +60.




















Ningún comentario:

Publicar un comentario