ACTIVIDADES EXTRA/COMPLEM. EQUIPO DA LINGUA GALEGA, BIBLI SOLIDARIAS, MOCHILAS VIAXEIRAS

domingo, 21 de xuño de 2026


 17 OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE



               ACTIVIDADE POLO ALUMNADO VOLUNTARIO DE 6º CURSO DE PRIMARIA 






VIDEOS  clica sobre o enlace


luns, 15 de xuño de 2026

                           

                                   LIBRO ESCRITO POLO PROFESOR JOSITO


Hoxe na BibliAtios o profesor Josito entregaba a un grupo de alumn@s e tamén á biblioteca o seu libro: 

"LA VIDA MISTERIOSA".

Darlle as grazas por esta entrega e desexarlle moita sorte e éxito!!





 


GUÍA DE VERÁN!!                    

                                                       PARA REFRESCARSE!!


Dende o Equipo da BibliAtios deixamos as recomendacións lectoras para o verán 2026!!

Esperemos que vos gusten!!









mércores, 3 de xuño de 2026

 

CHARLAS SOBRE O ACOSO ESCOLAR



O pasado 2 de maio celebrouse o Día Internacional contra o Acoso Escolar e as alumnas e o alumno da materia de Oratoria de 3º ESO prepararon unhas charlas, adaptadas ás diferentes etapas educativas, para o alumnado de Educación Infantil e de Primaria.

Os rapaces e rapazas asistiron ao longo das semanas seguintes a estas charlas, que se desenvolveron na Biblioteca, e alí aprenderon a distinguir o que é o acoso fronte a outro tipo de violencias, observaron todas as caras que pode presentar o bullying, e coñeceron casos reais e as súas consecuencias. Para os/as máis pequenos/as, a charla foi acompañada das marionetas da Biblioteca, Pelusa e a serpe, que ilustraron á perfección o que é unha situación de acoso escolar.

Ademais, eles e elas tamén puideron participar expoñendo as súas experiencias persoais, preguntando as dúbidas que lles xurdían e reflexionando sobre cal é a mellor maneira de conseguir que o bullying desapareza totalmente da nosa sociedade.











xoves, 21 de maio de 2026

 

EXPOSICIÓN   “NÓS TAMÉN FOMOS EMIGRANTES”



O pasado 23 de abril, o alumnado de 3º ESO asistiu á inauguración da exposición fotográfica “Nós tamén fomos emigrantes”, de Afundación Abanca, que tivo lugar na Casa da Cultura de Valdoviño. Esta actividade estaba incluída no proxecto “Cultura por Alimentos”, mediante o cal as persoas que asisten a algún acto cultural poden voluntariamente ofrecer alimentos non perecedoiros para os bancos de alimentos de Galicia.


Ademais de participar na presentación da inauguración por parte das persoas organizadoras e do alcalde de Valdoviño, o alumnado realizou unha visita pola exposición de imaxes tomadas por fotoxornalistas da época e asistiu a unha interesante charla na que dúas emigrantes, de Arzúa e de Pontedeume, relataron a súa experiencia laboral e vital na Europa dos anos 70 e 80.


A esta actividade tamén asistiu a veciñanza participante nos talleres de estimulación cognitiva do Concello de Valdoviño e das actividades dos Espazos +60.




















domingo, 3 de maio de 2026

 DÍA  DO  LIBRO  

O pasado 23 de abril do 2026 dende a BibliAtios conmemoramos o Día do Libro co apadriñamento lector, actividade que como cada curso escolar, os alumnado do CPI de Atios gústalle realizar...

Deixamos algunha fotos que reflexan este día tan bonito para o noso alumnado.



    

 






Graciñas a tod@s pola colaboración!!




domingo, 12 de abril de 2026

  KAMISHIBAI

O alumnado de cuarto de primaria inventou uns contos que preparou con moito esmero e, despois, aplicou técnicas do kamishibai. Na BibliAtios expuxéronos para os compañeiros e compañeiras de primaria. Bo traballo!













A PRENSA!!


Que tal un… Papagaio?
Se o queres descubrir, podes pasar pola BibliAtios.


O alumnado de cuarto dende que o descubriu... non o soltan...!!










 M A X I A!!


O venres 27 de marzo a editorial Vicens Vives ofreceu á BibliAtios un espectáculo de maxia para todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.         Moitas grazas por esta actividade!!

A actividade desenvolveuse na Casa da Cultura de Valdoviño, a quen agradecemos a cesión deste espazo, para poder levala a cabo.





 

Manuel Núñez Singala, na BibliAtios!!


A nosa biblioteca recibiu hai uns días a visita do escritor Manuel Núñez Singala, que falou sobre dúas obras co alumnado da ESO que están a ler neste curso.

Grazas por esta visita tan enriquecedora. Todo o alumnado quedou abraiado!!


           

                               

martes, 17 de marzo de 2026

 

HAIKUS  DE  CINE

      Un curso máis...  Haikus   na BibliAtios. Animádevos a participar 👇

 





Aquí temos aos gañador@s!!  Noraboa!!














martes, 10 de marzo de 2026

 

BIBLIATIOS  SOLIDARIAS

 O alumnado voluntario recitará un poema de Rosalía de Castro.


Actuación na casa da cultura, cun público colaborador, a quen agradecemos que dedicasen o seu tempo á nosa BibliAtios Solidaria!!


clica neste enlace para ver o vídeo 👉Presentación


clica neste enlace para ver o vídeo 👉1ª Canción


clica neste enlace para ver o vídeo 👉Alumnado 6º


clica neste enlace para ver o vídeo 👉Alumnado 5º



clica neste enlace para ver o vídeo 👉2ª canción















domingo, 8 de marzo de 2026

 FINA CASALDERREY



Desde GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) piden a colaboración para difundira candidatura de Fina Casalderrey ao Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA) 2026, o recoñecemento internacional máis destacado no ámbito da literatura infantil e xuvenil e da promoción da lectura.

Fina Casalderrey é unha das autoras máis queridas, lidas e fundamentais da nosa literatura, mestra de vocación e referencia para varias xeracións de lectoras e lectores. Entendemos que esta candidatura é, tamén, unha oportunidade para celebrar o libro galego, a lectura compartida e a creación feita desde Galicia.

Para facilitar esta difusión, acheganmos uns documentos e o acceso a una presentación interactiva con:

· unha biografía breve da autora,

· un texto explicativo sobre o premio ALMA,

· bibliografía para poder ser lida nas aulas ou bibliotecas

· e propostas de actividades para bibliotecas escolares e centros educativos, pensadas para desenvolver en Primaria e Secundaria.


             INFORMACIÓN SOBRE FINA CASALDERREY👈(clica)











 8 de marzo de 2026

A nosa biblio quere aportar información sobre esta data tan significativa e relacionala co proxecto do cole: "O CINE".





INFORMACIÓN SOBRE:

CHELO LOUREIRO

INFORMACIÓN SOBRE:

EMMA LUSTRES










INFORMACIÓN SOBRE:

PAULA VALIÑO