ACTIVIDADES EXTRA/COMPLEM. EQUIPO DA LINGUA GALEGA, BIBLI SOLIDARIAS, MOCHILAS VIAXEIRAS

luns, 16 de xuño de 2014

VACACIÓNS DE LIBRO

Chegamos ao final do curso, a biblioteca do CPI de Atios pecha as súas portas por este ano, Pelusa, a nosa mascota, vai ser a única habitante da biblio do cole nestes días de verán, mentres nós disfrutamos da praia, do aire libre, do tempo de lecer en compañía da familia e os amigos, ...
Vaiades onde vaiades cada un de vós, non esquezades a compaña dun libro co que encher algún dos vosos ratos de tempo libro neste verán que estamos a piques de estrear.

MOI FELICES VACACIÓNS A TODOS!!!!

mércores, 28 de maio de 2014

Visita de Iago López

O pasado venres contamos na biblioteca coa visita do contacontos Iago López que nos recreou coa súa magnífica versión da historia do home do saco.

venres, 16 de maio de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Unha festa segue a outra, e case sen darnos tempo a coller folgos, xa estamos embarcados noutra celebración, neste caso trátase do Día das Letras Galegas que nesta edición 2.014 está adicada a Xosé María Díaz Castro.

 
 

Para ir coñecéndoo nada mellor que ler a súa obra, aquí vos deixamos un par de títulos:

 
O neno e a estrela, un contiño dirixido ao público máis infantil
 
 
Nimbos, un recopilatorio dos seus mellores poemas
 

Na vindeira semana a biblioteca do CEIP de Atios acollerá varias actividades adicadas aos libros en galego, vos informaremos puntualmente.
 

xoves, 8 de maio de 2014

MARATON DE LECTURA E LIBROS VIVINTES

Entre lectura e lectura, o tempo pasa moi axiña na biblioteca de Atios, tanto que abril deulle paso a maio case sen darnos conta. Pasou o día do libro e todas as celebracións que tiveron lugar na escola, aquí vos deixamos un par de fotos para lembrar os momentos especiais que vivimos na biblioteca facendo o maratón de lectura, e recreando personaxes de libro coa axuda dos vecinos de Valdoviño. * O maratón de lectura estivo adicado a Fina Casalderrey, da que ao longo da mañá do día 29 de abril, limos as obras que vos mostramos a continuación.
* O día 30 de abril, tivemos a sorte de disfrutar dalgúns dos nosos libros favoritos gracias aos veciños de Valdoviño que en forma de libros vivintes nos trouxeron á escola a o Coelliño branco, a Gerónimo Stilton, aos personaxes da Esmorga, Romeo e Julieta,e a Alicia no país das maravillas.

xoves, 24 de abril de 2014

DIA DO LIBRO

Hoxe comezamos a celebrar o Día do Libro no CPI de Atios, celebramos a festa dos libros que enchen os andeis da nosa biblioteca e os lectores que a diario traen e levan libros para as súas casas, libros cheos de fermosas historias, libros cargados de soños e aventuras. Dende hoxe ata a semana que vén realizaremos na escola diversas actividades que nos lembrarán a todos a maxia dos libros. FELICIDADES A TODOS OS LECTORES E LECTORAS A BIBLIOTECA DO CPI DE ATIOS, HOXE ESTAMOS DE FESTA!!!!
Para celebrar o Día do Libro, hoxe agasallamos aos nosos lectores e lectoras cunhas flores moi especiais, flores de piruleta que fixeron máis doces aínda as nosas lecturas.

venres, 4 de abril de 2014

PAULA MERLÁN VISITA A NOSA BIBLIOTECA

Hoxe celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coa visita da escritora Paula Merlán; con ela percorremos as marabillosas páxinas dos seus libros. Tivemos a sorte de que ela lera para nós "Moranda" unha preciosa historia que a base de pequenos poemas recrea o mundo dos soños, con ela limos, cantamos e soñamos.
Aquí vos deixamos estes dous libros de Paula:

xoves, 27 de marzo de 2014

MARZO, MARZOLO

O mes de marzo veu cargado de actividades na nosa biblioteca: * Nestes días adicamos un pouco do noso tempo a ler a Rosalía de Castro, para celebrar a chegada da primavera con poemas, poemas en galego e con sabor á nosa terra. Escollimos algúns poemas e as nosas axudantas da biblioteca se meteron de cheo na pel de Rosalía para lerllos aos compañeiros da escola:
* Hoxe, aproveitando o Día mundial do teatro, fixémoslle un sitiño ao teatro na nosa biblioteca. Os alumnos de 4º B fixeron una magnífica representación da obra "Zongalo Quirico" que a todos nos encantou. Noraboa pola vosa actuación!!!!