ACTIVIDADES EXTRA/COMPLEM. EQUIPO DA LINGUA GALEGA, BIBLI SOLIDARIAS, MOCHILAS VIAXEIRAS

domingo, 4 de marzo de 2018

BIBLIOTECAS SOLIDARIAS: LECTURAS COMPARTIDAS EN VILABOA

O pasado 9 de febreiro iniciamos en Atios unha nova andaina do noso proxecto de BIBLIOTECAS SOLIDARIAS. Nesta ocasión olumnado de 6º A estivo na parroquia de Sequeiro para compartir con todos os veciños e veciñas que quixeron asistir as súas lecturas sobre Lucy Rees, unha incansable domadora de cabalos que fai deste traballo toda unha filosofía de vida.

A esta primeira actividade lle seguiron  o pasado venres 2 de marzo, os rapaces e rapazas de 6º B que  saíron do centro para dirixirse á parroquia de Vilaboa e levar ata alí as súas lecturas sobre Jane Goodall, a muller que eles escolleron para traballar dentro do proxecto de igualdade que temos este ano no noso centro. Ata alí levaron a vida desta primatóloga da que os alumnos contaron todo tipo de detalles a todos os veciños alí reunidos e da que conseguiron transmitir o seu inmenso amor pola natureza.

Os veciños e veciñas de Sequeiro e Vilaboa lles falaron ao alumnado de Atios de mulleres que viviron e viven en Sequeiro e Vilaboa e destacaron ou destacan por algunha cualidade que as fixo DIFERENTES NA IGUALDADE. Nos encanta coñecer estas historias das mulleres de Valdoviño da man dos veciños e veciñas do noso concello!!!







mércores, 28 de febreiro de 2018

PAULA CARBALLEIRA VISITA O NOSO COLE


Neste curso, no cole estamos a desnvolver un proxecto sobre igualdade ao que denominamos DNI:DIFERENTES NA IGUALDADE. Con este proxecto, cada titoría do cole escolleu unha muller sobre a que investigar, e cada mes unha destas mulleres é a protagonista de diversas actividades no cole.

Unha destas mulleres é Paula Carballeira, á que escolleron os nenos e nenas de 1º e 2º para coñecer a súa biografía e tamén o seu traballo como actriz, contacontos e escritora.

Hoxe tivemos a oportunidade de contar coa presencia de Paula na escola, de escoitar da súa man, historias marabillosas que quenceron os nosos corazóns nun día frío coma o de hoxe nos que as folerpas de neve asomaron por Valdoviño.

Paula contounos os seus marabillosos contos, contestou as preguntas que os nenos e nenas lle tiñan preparadas, deixounos dedicatorias preciosoas nos seus libros e deixouse abrazar e fotografar con todos nós.

Aquí vai un adianto dalguhas fotos:



domingo, 4 de febreiro de 2018

ATIOS CELEBRA O DÍA DA PAZ


O pasado 31 de xaneiro todo o CPI de Atios nos xuntamos no patio cuberto do cole e celebramos un pequeno acto para conmemorar o Día da Paz.





A biblioteca tamén celebra estes días o Día da Paz, cunha nova exposición chea de libros que respiran paz, cunha nova decoración a base de bandeiríns que encheron tamñen os corredores do cole, e como non? con contacontos.


 


Os rapaces e rapazas de segundo leron para todos nós A BRUXA DISCORDIA; o alumnado de sexto leunos un par de poemas e tamén un conto titulado OS DOUS PRÍNCIPES E A POMBA.

Vos deixamos aquí un dos poemas que nos leron a nós para que todos celebredes con nós este DÍA DA PAZ 2.018:

ESPERANDO A PAZ

Todos sentados
cos brazos cruzados,
e mentres tanto ...
Milleiros de persoas
morren de fame.

Todos sentados
cos brazos cruzados
e mentres tanto ...
Moitos nenos son explotados.

Todos sentados
cos brazos cruzados
e mentres tanto ...
Bomabardean milleiros de países.

Así que ...
Todos levantados
berrando pola PAZ.

mércores, 20 de decembro de 2017

BO NADAL DENDE A BIBLIOTECA DE ATIOS

Acabamos de colgar na web do cole as nosas suxerencias de lectura para estas vacacións, para que os agasallos de nadal inclúan tamén lecturas marabillosas como as que seleccionamos coas que poidades desfrutar nestes días de merecido descanso.

Tamén vos deixamos aquí as fotos da exposición de libros que fixemos estes días na biblioteca e do mural que elaborou a profe Loli para desexarvos a todos unhas magníficas festas de nadal.



martes, 28 de novembro de 2017

BIBLIATIOS CONTRA A VIOLENCIA


Hoxe conmemoramos o Día contra a Violencia de Xénero no CPI de Atios e a biblioteca acolleu o contacontos que prepararon os nenos e nenas de 1ºA que leron IRIÑA BAILARINA para os seus compañeiros, un conto precioso que nos lembra a todos que as rapazas, igual que os rapaces,  teñen dereito a decidir o que queren comer, o que queren vestir e a que queren adicar o seu tempo de lecer.

Vos deixamos aquí unhas fotos do contacontos de hoxe e algunhas suxerencias de lectura desas que a nós tanto nos gustan porque nos invitan a reflexionar e plantear interrogantes nesta SEMANA CONTRA O MALTRATO:








UN ANO MÁIS, TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!!!!


luns, 13 de novembro de 2017

SAMAÍN NA BIBLIOTECA DE ATIOS


As actividades do samaín encheron todos os recunchos da escola estes días e por suposto tamén a biblioteca, en forma de libros cheos de pantasmas, bruxas, cabazas, vampiros e todo tipo de seres arrepiantes, e tamén en forma de contacontos. Durante varios días os rapaces e rapazas de sexto léronlles contos de medo aos demáis rapaces e rapazas de primaria.

Aquí vos deixo algunhas fotos destes días .....




E tamén vos deixo algúns consellos de lectura para estes días:






venres, 19 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Onte celebramos no CPI de Atios o Día das Letras Galegas, bueno en realidade levamos varias semanas a celebralas posto que nas aulas se suceden diversas actividades para coñecer ao autor homenaxeado este ano, o ourensán Carlos Casares, se sucederon as diversas lecturas sobre a súa obra, os traballos de ilustración sobre fragmentos da súa obra, os relatos confeccionados a partires dos personaxes dos seus libros, e tamén os ensaios de   obras de teatro en galego - unhas sobre obras do oautor e outras doutros autores pero sempre en galego.

Coas ilustración e os relatos escritos os alumnos do centro participaron nun relato de debuxo e relato curto convocado polo Concello de Valdoviño en relación co autor Carlos Casares.

Coas obras de teatro onte e máis hoxe estamos a asistir a un ciclo de teatro protagonizado polos propios alumnos do centro; algunhas desas obras participarán no certame TEATRO CON G que se celebra todos os anos no concello de Ferrol e o vindeiro venres tamén será unha obriña de Carlos Casres a que leven os rpaces de 4º A ás LECTURAS COMPARTIDAS cos maiores da parroquia de Vilarrube.

Algunha das obras de Carlos Casares foron utilizadas nos apadriñamentos lectores como ocorreu o pasado martes que os alumnos de 4º lles leron "Lolo anda en bicicleta" aos rapaciños de 2º.





Non hai mellor excusa que o DÍA DAS LETRAS GALEGAS para aproveitar a coñecer un novo autor da nosa literatura galega, e sen dúbida Carlos Casres é un deses autores que merece ser coñecido e lido por todos.