ACTIVIDADES EXTRA/COMPLEM. EQUIPO DA LINGUA GALEGA, BIBLI SOLIDARIAS, MOCHILAS VIAXEIRAS

venres, 3 de febreiro de 2023

 

 

     Xa que está próxima a Semana da muller e a nena na ciencia, queremos compartir dende a biblioteca          unha información sobre esta temática.

    Entra no seguinte enlace para ler esta información. 

    Dar as grazas por este traballo á nosa profe Yolanda!!

 


                                  Clica aquí!!

 

 

 

  Durante a Semana da Paz  a biblioteca ofrece algúns títulos relacionados con esta temática. 

  Se aínda non a viches, estás a tempo, pasa pola biblio e colle un deses libros!!

 


 

domingo, 18 de decembro de 2022



 

                                                                   Guía de Nadal 2022

                  Para agasallar, para pedir nas cartas Navideñas, para ler nas vacacións... 

                  aquí tedes varias suxerencias que vos poden dar ideas  para  facer destas datas 

                                                                  momentos especiais!!

 

 

 
Agradecer a María Manso o seu tempo e por facer unha guía tan bonita!!
 

sábado, 19 de novembro de 2022

 

SAMAÍN  NA  NOSA  BIBLIO!!

   Exposición de libros relacionados co Samaín, monstruos, historias de medo...  




   Un cementerio no que varios libros recobran vida despois da lectura dun conxuro (inventado polo                alumnado de 5º de primaria) e poden escoitarse  e incluso, algunhas representarse na biblioteca.

  Deixamos unha fotiños! 












domingo, 6 de novembro de 2022

 

Deixamos imaxes con algúns traballos feitos polo alumnado do colexio, para conmemorar o Día das Escritoras:











domingo, 23 de outubro de 2022


24 de outubro Día das Bibliotecas!!

No CPI de Atios celebraremos este día con actividades especiais, entre as que destacan: 

1.  Lecturas ás escuras, na que se propoñen, nunha pequena exposición, algunhas lecturas para estes días de Samaín.

2. Lectura , por parte de alumnado de sexto curso e da ESO, ao alumnado de infantil e primaria. Terán que desenterrar un libro, para que cobre novamente vida, antes de poder escoitalo na biblioteca. 

3. Volven as MOCHILAS VIAXEIRAS!!