O vindeiro luns 16 de novembro teremos a honra de conectarnos a través de videoconferencia coa neurocientífica lucense Sonia Villapol Salgado que falará cos nosos alumnos de 4º ESO.
A Dra. Villapol licenciouse en Bioloxía na especialidade de Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universitat Autònoma de Barcelona coa cualificación de sobresaliente cum laude.

Actualmente, forma parte do Equipo de Investigación Internacional de covid-19, coordinando un equipo internacional de neurocientíficos que analiza como afecta o coronavirus ao cerebro e ao sistema nervioso.
Todos agardamos con impaciencia que chegue o luns!! Mentres tanto, clicade sobre a foto de Sonia para acceder a un prezi e saber máis sobre ela.
Agradecemos moitísimo aos equipos EDLG e EACE a súa colaboración e o seu traballo, que fixo posible a presenza virtual dunha científica galega nas nosas aulas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario