ACTIVIDADES EXTRA/COMPLEM. EQUIPO DA LINGUA GALEGA, BIBLI SOLIDARIAS, MOCHILAS VIAXEIRAS

domingo, 4 de xaneiro de 2026

 

OS  INSECTOS  NA  NATUREZA


Os alumnos de 1º de ESO, dentro da materia de Proxecto Competencial, traballaron nun proxecto de investigación sobre a importancia dos insectos na natureza e contribuíron á súa protección a través do deseño e construcción dunhas casiñas para eles.



Un fabuloso traballo!!





 

Comezamos o ano novo 2026 expoñendo unhas fotografías cuns traballiños feitos polo alumnado de 1º da

 ESO sobre o libro "Trece avisos" de Paula Carballeira!!




                                                                      Bo traballo!! 




martes, 9 de decembro de 2025

 


Na época de Nadal é moi habitual pedir agasallos!! 

Nesta guía, feita dende a BibliAtios, 

queremos axudar a escribir 

peticións ao Apalpador, Papa Noel, Reis Magos... 

Botade unha ollada e atoparedes lecturas 

interesantes, divertidas, 

incluso con consellos para utilizar

a Intelixencia Artificial!!

Ah!! e xogos educativos!!



Boas Festas

Feliz Ano Novo 

2026 










 

5 de decembro do 2025






O alumnado voluntario da BibliAtios lee o libro dos Bolechas para aprender o significado de ser "voluntario" e posteriormente explicar aos máis pequenos.




luns, 1 de decembro de 2025

 


BIBLIATIOS   SOLIDARIA

Hoxe arranca a campaña solidaria que o 

CPI de Atios leva facendo dende fai xa bastantes anos!


O alumnado de 5º de primaria ían polas aulas informando 
ao alumnado, profesorado e outro persoal do centro educativo.








 

BIBLIATIOS CO DEPORTE!!


O xoves 27 de novembro a BibliAtios recibía a visita do Racing de Ferrol. O alumnado estivo moi emocionado e os xogadores agasallaron con firmas.

Moitas grazas pola visita!!












domingo, 30 de novembro de 2025

 

DÍA DA DISCAPACIDADE






Aproveitando o proxecto de centro: O CINE 
poderíamos recomendar moitísimas películas, pero Pelusa
recomenda:




Podedes vela a través de moitas plataformas de películas. 



VISITA E COMPATIR EXPERIENCIAS

NA BIBLIATIOS

Para conmemorar o día da discapacidade, celebrado o pasado 3 se decembro, o alumnado de Chamorro asistiu ao cpi Atios para facer unha actividade en conxunto co noso alumnado:Tratábase do visionado de vídeos para sensibilizar acerca do trato normalizado con toda a xente, así como dramatizacións para detectar as condutas erróneas e visibilizar as correctas. Aproveitouse a visita para facer unha pequena convivencia no centro e traballar a inclusión educativa.