sábado, 21 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA





Hoxe se celebra o Día Mundial da Poesía, unha celebración á que a biblio de Atios lle ten especial cariño e que non queremos deixar de celebrar por moita cuarentena que nos teña pechados nas casas.
Un día coma hoxe non podemos deixar de ler un pouquiño de poesía... ahí van algunhas suxerencias:



A primeira é unha proposta do Minsiterio de Cultura para gozar da poesía a través da rede neste enlace culturaydeporte.gob.es/actualidad/2020/03/200320-diapoesia.html 

A segunda é un clásico que recopila poemas de diversos autores, moi recomendabñle.


Por suposto, nun día coma hoxe, non pode faltar Rosalía de Castro.



E tampouco poden faltar autores máis actuais que fan poemas marabillosos para os nosos nenos e nenas.


E para adultos... que tal Neruda ou Benedetti?

Precisamente cun poema atribuido a Mario Benedetti imos rematar a entrada de hoxe, un poema moi apropiado para estes días extraños que todos vivimos pechados nas nosas casas por mor do Coronavirus..... FELIZ DÍA DA POESIA!!!!!



“No te rindas”

No te rindas, aún estás a tiempo
De alcanzar y comenzar de nuevo,
Aceptar tus sombras,
Enterrar tus miedos,
Liberar el lastre,
Retomar el vuelo.
No te rindas que la vida es eso,
Continuar el viaje,
Perseguir tus sueños,
Destrabar el tiempo,
Correr los escombros,
Y destapar el cielo.
No te rindas, por favor no cedas,
Aunque el frío queme,
Aunque el miedo muerda,
Aunque el sol se esconda,
Y se calle el viento,
Aún hay fuego en tu alma
Aún hay vida en tus sueños.
Porque la vida es tuya y tuyo también el deseo
Porque lo has querido y porque te quiero
Porque existe el vino y el amor, es cierto.
Porque no hay heridas que no cure el tiempo.
Abrir las puertas,
Quitar los cerrojos,
Abandonar las murallas que te protegieron,
Vivir la vida y aceptar el reto,
Recuperar la risa,
Ensayar un canto,
Bajar la guardia y extender las manos
Desplegar las alas
E intentar de nuevo,
Celebrar la vida y retomar los cielos.
No te rindas, por favor no cedas,
Aunque el frío queme,
Aunque el miedo muerda,
Aunque el sol se ponga y se calle el viento,
Aún hay fuego en tu alma,
Aún hay vida en tus sueños
Porque cada día es un comienzo nuevo,
Porque esta es la hora y el mejor momento.
Porque no estás solo, porque yo te quiero.



mércores, 18 de marzo de 2020

TEMPO DE QUEDAR NA CASA, TEMPO DE LIBROS

Xa vedes que últimamente non estamos a publicar demasiadas cousas neste blog e non será porque na biblio de Atios non esteamos a facer cousas, pero é certo que non estivemos a facer moitas actividades de animación á lectura na biblio e por iso non estivemos por aquí coas nosas habituais publicacións.

Nos últimos meses a biblio de Atios recibeu cartos para mercar fondos de igualdade, fondos de inclusión e fondos Steam e o equipo de biblioteca andamos a investigar posibles compras a facer con eses cartos para renovar os fondos da nosa biblio, a facer compras e catalogando oso novos títulos que van chegando á nosa biblio.

Para estes días de obrigada permanencia na casa, de tempo para facer un pouco de todo, vos recomendamos ler. Cada un de vós tedes os vosos gustos pero ao mellor redescubrir a Rosalía de Castro nestes días de peche, ler poesía agora que chega a primavera, coñecer a obra do ferrolán Carballo Calero ao que se lle vai adicar o Día das Letras Galegas,.... non é tempo de bibliotecas e lecturas compartidas pero sempre é tempo para remexer polas estanterías da casa en busca dese libro que mercamos pero aínda non lemos, ou para entrar en Internet e descargar libros dixitais, audiolibros,.... que moitas institucións poñen á nosa disposición estes días na rede:

- a Biblioteca Dixital Mundial por exemplo ofrece acceso gratuíto a manuscritos e libros (www.wdl.org)
-moitas editoriais están poñendo unha morea dos seus recursos a disposición de todos na rede, a editorial Planeta por exemplo, ou a editorial Hearst España que  ofrece acceso gratuíto a todas as súas revistas en versión on line
- podedes visitar o Museo do Prado on line; tamén o Museo do Pobo Galego ou o MUPEGA ofrecen percorridos virtuais e materiais didácticos
- ...


É TEMPO DE LER!! E DE COIDARNOS!!!
MOITO ÁNIMO DENDE A BIBLIOTECA DE ATIOS!!!!