mércores, 18 de marzo de 2020

TEMPO DE QUEDAR NA CASA, TEMPO DE LIBROS

Xa vedes que últimamente non estamos a publicar demasiadas cousas neste blog e non será porque na biblio de Atios non esteamos a facer cousas, pero é certo que non estivemos a facer moitas actividades de animación á lectura na biblio e por iso non estivemos por aquí coas nosas habituais publicacións.

Nos últimos meses a biblio de Atios recibeu cartos para mercar fondos de igualdade, fondos de inclusión e fondos Steam e o equipo de biblioteca andamos a investigar posibles compras a facer con eses cartos para renovar os fondos da nosa biblio, a facer compras e catalogando oso novos títulos que van chegando á nosa biblio.

Para estes días de obrigada permanencia na casa, de tempo para facer un pouco de todo, vos recomendamos ler. Cada un de vós tedes os vosos gustos pero ao mellor redescubrir a Rosalía de Castro nestes días de peche, ler poesía agora que chega a primavera, coñecer a obra do ferrolán Carballo Calero ao que se lle vai adicar o Día das Letras Galegas,.... non é tempo de bibliotecas e lecturas compartidas pero sempre é tempo para remexer polas estanterías da casa en busca dese libro que mercamos pero aínda non lemos, ou para entrar en Internet e descargar libros dixitais, audiolibros,.... que moitas institucións poñen á nosa disposición estes días na rede:

- a Biblioteca Dixital Mundial por exemplo ofrece acceso gratuíto a manuscritos e libros (www.wdl.org)
-moitas editoriais están poñendo unha morea dos seus recursos a disposición de todos na rede, a editorial Planeta por exemplo, ou a editorial Hearst España que  ofrece acceso gratuíto a todas as súas revistas en versión on line
- podedes visitar o Museo do Prado on line; tamén o Museo do Pobo Galego ou o MUPEGA ofrecen percorridos virtuais e materiais didácticos
- ...


É TEMPO DE LER!! E DE COIDARNOS!!!
MOITO ÁNIMO DENDE A BIBLIOTECA DE ATIOS!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario