xoves, 25 de maio de 2023

 

 

                                                 23 DE ABRIL    "DÍA DO LIBRO"

 

 

 Durante toda a semana do 23 de abril na biblioteca realizáronse varias actividades para celebrar o "Día do Libro". Algunhas delas son as que seguen:

 

KAMISHIBAI (teatro en papel). Contos lidos a todo o alumnado de infantil e primaria por un grupo de alumn@s de 5º de primaria que durante varios recreos, de xeito voluntario, prepararon con gran ilusión! Grazas polo voso tempo e estupendo traballo!!

O alumnado de 4º B de primaria representaban para o alumnado de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria dúas obras de teatro. "O peixe brillante"  e  "A Saltinadora".  Moi divertidas e con mensaxes positivas!!


 

 

 

         A      ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS DE FERROLTERRA -AXF

 estiveron no "Día do Libro" contando unha fermosa historia ao alumnado de educación infantil en linguaxe de signos, que a todas e todos gustou e ilusionou!!  

Un pracer contar convosco na nosa biblioteca!!  Moitas Grazas!!

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                                                      21 DE MARZO,  DÍA DA POESÍA 


            O alumnado de educación infantil saíu polo pobo de Valdoviño para deixar, 

          en varios establecementos,       poemas que escribiron e ilustraron. 

           



                                 Ben fermosos.  Estupendo traballo!! Parabéns!!