23 DE ABRIL "DÍA DO LIBRO"
Durante toda a semana do 23 de abril na biblioteca realizáronse varias actividades para celebrar o "Día do Libro". Algunhas delas son as que seguen:
KAMISHIBAI (teatro en papel). Contos lidos a todo o alumnado de infantil e primaria por un grupo de alumn@s de 5º de primaria que durante varios recreos, de xeito voluntario, prepararon con gran ilusión! Grazas polo voso tempo e estupendo traballo!!
A ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS DE FERROLTERRA -AXF
estiveron no "Día do Libro" contando unha fermosa historia ao alumnado de educación infantil en linguaxe de signos, que a todas e todos gustou e ilusionou!!
Un pracer contar convosco na nosa biblioteca!! Moitas Grazas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario