martes, 27 de maio de 2014

Visita de Iago López

O pasado venres contamos na biblioteca coa visita do contacontos Iago López que nos recreou coa súa magnífica versión da historia do home do saco.

xoves, 15 de maio de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Unha festa segue a outra, e case sen darnos tempo a coller folgos, xa estamos embarcados noutra celebración, neste caso trátase do Día das Letras Galegas que nesta edición 2.014 está adicada a Xosé María Díaz Castro.

 
 

Para ir coñecéndoo nada mellor que ler a súa obra, aquí vos deixamos un par de títulos:

 
O neno e a estrela, un contiño dirixido ao público máis infantil
 
 
Nimbos, un recopilatorio dos seus mellores poemas
 

Na vindeira semana a biblioteca do CEIP de Atios acollerá varias actividades adicadas aos libros en galego, vos informaremos puntualmente.
 

mércores, 7 de maio de 2014

MARATON DE LECTURA E LIBROS VIVINTES

Entre lectura e lectura, o tempo pasa moi axiña na biblioteca de Atios, tanto que abril deulle paso a maio case sen darnos conta. Pasou o día do libro e todas as celebracións que tiveron lugar na escola, aquí vos deixamos un par de fotos para lembrar os momentos especiais que vivimos na biblioteca facendo o maratón de lectura, e recreando personaxes de libro coa axuda dos vecinos de Valdoviño. * O maratón de lectura estivo adicado a Fina Casalderrey, da que ao longo da mañá do día 29 de abril, limos as obras que vos mostramos a continuación.
* O día 30 de abril, tivemos a sorte de disfrutar dalgúns dos nosos libros favoritos gracias aos veciños de Valdoviño que en forma de libros vivintes nos trouxeron á escola a o Coelliño branco, a Gerónimo Stilton, aos personaxes da Esmorga, Romeo e Julieta,e a Alicia no país das maravillas.