luns, 21 de marzo de 2016

21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Por fin está aquí a ansiada primavera!
A primavera é tempo de poesía e así, con poemas, aproveitando o Dáia Mundial da Poesía, decidimos recibir nós á primavera na biblioteca do CPI de Atios.
Moi boa primavera para todos! Felices poemas!





DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O Día da Muller Traballadora celebrouse no CPI de Atios cunha exposición adicada aos homes e mulleres que traballan en todo tipo de traballos porque sí, porque lles gusta, porque escolleron ese traballo, porque non atoparon outro traballo máis que o que teñen, porque os traballos traballos son e todos, homes e mulleres teñen dereito o escoller o seu oficio. Iria, a educadora social do noso concello ensinounos a ver esta exposición con outros ollos, os ollos das novas xeracións educadas en igualdade.

Na biblioteca tamén o celebramos, pero con libros, como nós o sabemos celebrar; os nenos de 3º A fixeron a súa propia versión do libro "A derradeira Cincenta", versión que leron co teatriño chinés, o kamishibai, para os seus compañeiros do cole nunha nova sesión de contacontos: