martes, 24 de maio de 2016

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

No CPI de Atios este ano decidimos que un só día para celebrar as Letras Galegas non nos chegaba a nada e que necesitabamos unha semana enteira para poder facelo e é que o homenaxeado deste ano, Manuel María, deunos moito que traballar, de feito xa sabedes que lle adicamos todo o ano e Manuel María foi o tema interdisciplinar que traballamos todas as aulas durante todo o curso escolar. Os aulas enchéronse de retratos do autor, nas aulas léronse moitos dos seus poemas, o alumnado cantou moitos dos seus poemas musicados, coñecimos os datos máis significativos da súa biografía, .... e por suposto a biblioteca sumouse á festividade coa exposición de moitos dos libros do autor, dos que aquí vos deixamos algunhas suxerencias.

                                        
                                         Empezamos polas suxerencias para os máis pequenos:







E para os máis maiores vos aconsellamos .....




Ademáis de ler e escoitar a Manuel María, durante toda esta semana tamén imos ter a oportunidade de ver representada unha das súas obras, O bigote de Mimí, que representaron os rapaces de 3º A dentro dun ciclo de teatro que onte estreamos e que vai supoñer a representación de diversas obras de teatro realizadas polos propios alumnos do centro ao longo de toda a semana. Vos deixamos unhas fotos das primeiras representacións:



                                   Dous momentos da representación de "O bigote de Mimí "(3º A)

                                     
                                              Escea da obra " A maxia da amizade" (2º A)