luns, 20 de febreiro de 2017

HOMENAXE A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

O pasado, 17 de febreiro, celebrouse no Auditorio de Ferrol un acto de homenaxe ao querido Agustín Fernández Paz, un mestre incansable e un escritor ben coñecido por todos, sobre todo na comarca ferrolá. 

O CPI de Atios aportou o seu graiño de area a esta homenaxe en representación do Concello de Valdoviño, coa proxeción dun audiovisual baseado nunha obra do autor: "O segredo da Illa Negra"



O traballo recolle a representación desta obra que os rapaces de 5º fixeron no local social de Meirás dentro do proxecto "Bibliotecas Solidarias" e tamén outros traballos que se realizaron nas aulas os cales foron inspirados na lectura desta e outras obras de Agustín. Só tedes que entrar en Atios TV para ver o vídeo. 

COÑECEDES A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ? LÍCHEDES ALGO DEL? 
DENDE A BIBLIO DE ATIOS VOS ACONSELLAMOS QUE NON DEIXEDES DE FACELO!

martes, 14 de febreiro de 2017

NAMORADOS... DOS LIBROS

O día de hoxe transcurreu no CPI de Atios entre cartas de amor que alumnos, mestres e demáis persoal do centro estivemos a escribir nos últimos días e que hoxe foron repartidas no colexio.


E tamén por suposto entre lecturas ben agarimosas, coma por exemplo este libro que Lucía e Sabela de sexto leron para todos os usuarios da biblioteca:







FELIZ DÍA DE SAN VALENTÍN A TODOS E MOITOS BICOS!!!!!