luns, 27 de marzo de 2017
DÍA DO TEATRO
Hoxe 27 de marzo celébrase en todo o mundo o Día do Teatro e que mellor maneira de celebralo que facendo teatro? Pois eso fixemos hoxe! Teatro!
Os rapaces e rapazas de terceiro A fixeron as delicias dos seus compañeiros cunha representación preciosa da obra " O paxariño ferido".
venres, 24 de marzo de 2017
21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA
O pasado martes 21 de marzo celebrouse o Día Mundial da Poesía e co gallo desta celebración aproveitamos para encher a biblioteca do CPI de Atios e máis os corredores de poemas marabillosos que acompañan a chegada da primavera a Valdoviño. Coma todos os anos, o centro está a participar no concurso de Poesía e Imaxe que nos propoñen dende o Equipo de Normalización, e os cortizos dos corredores amosan as ilustracións de diversos poemas seleccionados para a ocasión.
Aproveitade estes días de frío que nos van ter uns días pechados na casa, e tamén os fantásticos días de sol que nos esperan nesta recén estreada primavera para ler poesía, aquí van algunhas suxerencias ....
DESFRUTADE LAS LECTURAS!!!!

xoves, 9 de marzo de 2017
SEGUIMOS COMPARTINDO LECTURAS
Dentro do noso proxecto de Bibliotecas Solidarias esta vez lle tocou o turno aos alumnos de 6ºA que esta vez se desplazaron á parroquia de Vilaboa para lerlles aos veciños de Loira e Vilaboa e conversar con eles sobre a festa do entroido e as lendas da zona.
Dende o equipo de bioblioteca queremos agradecerlles moito tanto aos alumnos como á súa titora a súa implicación na actividade nunhas datas tan complicadas en calquera centro educativo como as do entroido. e agradecer tamén á corporación municipal o seu apoio nos desplazamentos e a´s xestións cos veciños. MOOOOOITAS GRACIAS E PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO!!!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)