martes, 20 de novembro de 2018

UNHA SEMANA DE MEDO

Dende a semana pasada ata o día de onte, os rapaces e rapazas de sexto amenizaron os recreos de primaria cunha morea de lecturas para todos os nenos e nenas da escola. Da súya voz tivemos a oportunidade de escoitar lendas tradicionais galegas, e historias inventadas por eles mesmos con espíritos, pantasmas e asasinos como protagonistas do noso particular Samaín.

Deixamos aquí varias fotos das historias destes días:

A lenda do primeiro gran

Pericoello e Pericoella
 

Anabelle
 


A fraga abondosa

A noite misteriosa




O EQUIPO DA BIBLIOTECA QUERE AGRADECERLLES O GRANDE ESFORZO REALIZADO A TODOS OS ALUMNOS E ALUMNAS DE SEXTO E A ILUSIÓN POSTA POR ELES E OS SEUS MESTRES NESTAS XORNADAS DE CONTACONTOS NA BIBLIOTECA.

luns, 12 de novembro de 2018

CONTACONTOS DE MEDO EN ATIOS

Hoxe comezaron os nosos contacontos de medo na biblioteca a cargo dos alumnos e alumnas de sexto.
Ao longo de toda a semana imos ter a oportunidade de escoitar contos, lendas e pequenas historias escritas polos propios alumnos coas pantasmas, as meigas, os esqueletes e todo tipo de espíritus como protagonistas.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes das lecturas de hoxe: a lenda do primeiro gran, Pericoello e Pericoella, e Anabel foron as arrepiantes historias de hoxe.




mércores, 7 de novembro de 2018

SAMAÍN EN BIBLIATIOS

O Samaín tamén chegou á nosa biblioteca, na decoración e sobre todo nas lecturas que  xa ulen a outono,  e xa saben a cabazas e castañas asadas; as  historias de medo, pantasm,as e momias   son un clásico nesta época do ano, para ler nestas longas tardes de chuvia ao ladiño dun lume acendido e agarimoso ben tapadiños no sofá cunha boa manta. A que xa vos apetece poñervos a ler agora mesmo?... Pois ahí van algunhas suxerencias de lectura para todas as edades.






































En breve comezarán os contacontos de medo na biblioteca dos que vos teremos ben informados.

FELIZ OUTONO PARA TODOS, FELICES LECTURAS DE MAGOSTO E SAMAÍN!!!

domingo, 28 de outubro de 2018

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Esta semana celebrouse o Día das bibliotecas escolares e aínda que na bibioteca de Atios non fixemos nada especial máis que agasallar con marcadores aos usuarios que durante esta semana empregaron o noso servicio de préstamo non queríamos deixar pasar este día sen facer unha entrada no noso blog, a primeira entrada deste curso 2018-2019.




Aproveito a entrada para anunciarvos que este ano O CÓMIC foi o tema escollido no centro como proxecto de centro así que compartiremos moitas lecturas relacionadas co tema nos vindeiros meses.



Aproveito tamén para mostrarvos as imaxes dos cambios que estamos a realizar  na nosa biblio para que sexa máis cómoda e agradable para todos; agardamos que vos guste.




FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES PARA TODOS!!!!!

luns, 11 de xuño de 2018

ULTIMAS LECTURAS COMPARTIDAS DO CURSO

O pasado venres 8 de xuño, os alumnos e alumnas de 4º A e 4º B saíron do centro rumbo ao local social de Vilarrube e á Casa da Cultura-Biblioteca municipal respectivamente para levar ata alí a historia da muller que eles investigaron co noso proxecto de centro, DNI: Diferentes na igualdade, Malala. Tanto uns coma outros traballaron moito este trimestre para coñecer a vida desta rapaza premiada co premio nobel pola súa labor en favor da paz, e elaboraron numerosos materiais para darnos a coñecer a todos os resultados da súa investigación, incluído un marabilloso cómic no que plasmaron a vida de Malala e que podedes ver en Atios TV.




No local social de Vilarrube, esperaban aos nosos alumnos os rapaces e rapazas da escola unitaria de Vilarrube que prepararon para o noso alumnado algunhas das historias de mulleres do libro MULLERAZAS.





E na Casa da Cultura esperaban aos noso nenos e nenas os homes e mulleres do obradoiro de memoria do concello de Valdoviño, que preparararon para os nosos alumnos outras historias de mulleres.

Nos encantan estes encontros das LECTURAS COMPARTIDAS FÓRA DO CENTRO!!!

xoves, 17 de maio de 2018

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS

A semana das Letras Galegas sempre é un fervedoiro de actividades no CPi de Atios, as lecturas sobre a figura homenaxeada , este ano Mª Victoria Moreno, se suceden nas aulas e na biblioteca, e os ensaios e representacións de distintas obras de teatro se suceden no colexio.

Vos deixamos algunhas fotos da biblioteca vestida de festa para as Letras Galegas e da obra de teatro que están a representar estes días os alumnos de segundo A para os seus compañeiros, unha obra completamente deseñada por eles, dende o guión ata a decoración e incluso as entradas e o vestiario, eque nos está a servir para celebrar a festa da lingua galega.















Non queremos despedirnos hoxe sen felicitarvos este DÍA DAS LETRAS GALEGAS, e aconsellarvos algunhas das magnífcas lecturas da homenaxeada este ano: Mª Victoria Moreno.






domingo, 13 de maio de 2018

UNHA NOVA XORNADA DE LECTURAS COMPARTIDAS


O pasado venres, os rapaces e rapazas de 5º B, encabezados polo seu profe Luis, encamiñaron os seus pasos á parroquia de Lago para levar ata alí o noso proxecto DNI:Diferentes na igualdade e compartir cos veciños algunhas lecturas sobre a homenaxeada este ano nas Letras Galegas, Mª Victoria Moreno.

Deixamos aquí unhas fotos desta visita:



domingo, 29 de abril de 2018

REMATE DE FESTA


O pasado mércores continuamos o MARATÓN DE LECTURA adicado a Paula Carballeira; os nenos de 2º A fixeron a "Burra Ramona" en versión Kamishibai.

O xoves foron os alumnos de 2º B os que leron para todos a marabillosa historia de "Volcán".



E o venres tivemos un marabilloso FIN DE FESTA cos alumnos de secundaria, en concreto cos dous grupos que representaron ao CPI de Atios en MOCIDADE COA LINGUA, Rapatios e Erro 404, que fixeron dúas marabillosas versións musicais de Rosalía de Castro.



CON ESTA XENTE NOVA DO NOSO COLE, DA GUSTO CELEBRAR FESTAS!!! E MÁIS SE A FESTA ESTÁ ADICADA AOS LIBROS!!!

martes, 24 de abril de 2018

SEGUIMOS DE FESTA

Hoxe continuaron en Atios as celebracións do Día do Libro con dúas actividades moi especiais.

Por unha banda continuamos co MARATÓN DE LECTURA iniciado onte, adicado á escritora Paula Carballeira; nesta ocasión foron os nenos e nenas de 1º B os encargados de ler para todos a historia do rato Paco do que nos contaron a versión orixinal feita pola autora, e unha versión moi especial escrita e ilustrada por eles mesmos. Parabéns rapaces e rapazas, nos encantou a vosa lectura de hoxe!!!!








Hoxe ademáis tivo lugar o acto central da celebración do DÍA DO LIBRO no CPI de Atios; tódolos anos escollemos a un autor ou autora local para adicarlle o día e e nesta ocasión a homenaxeada foi Verónica Martínez, que visitou a escola, fixo un percorrido polas instalacións onde ela xa fora alumna e mantivo un encontro cos alumnos e alumnas de secundaria nun emotivo acto do que vos deixamos aquí algunhas imaxes.





Por suposto, tamén visitou a nosa biblioteca e nos deixou un magnífico recordo para todos.




luns, 23 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO NO CPI DE ATIOS

Hoxe comezaron no noso cole as celebracións do Día do Libro que se van extender durante toda a semana.

Os alumnos de primaria van ter esta semana unha MARATÓN DE LECTURA; cada día da semana van coñecer un conto da escritora fenesa Paula Carballeira. Hoxe foi o turno de CHÍMPATE PEPA a cargo do alumnado de 1º A.



Vos iremos informando das nosas actividades ao longo de toda a semana; agora vos deixamos as fotos dos caligramas adicados aos libros que nestes días decoran os corredores da escola e tamén a nosa biblioteca.




Nos esquezades os agasallos preferidos deste día, os libros ... e as rosas!!!