A esta primeira actividade lle seguiron o pasado venres 2 de marzo, os rapaces e rapazas de 6º B que saíron do centro para dirixirse á parroquia de Vilaboa e levar ata alí as súas lecturas sobre Jane Goodall, a muller que eles escolleron para traballar dentro do proxecto de igualdade que temos este ano no noso centro. Ata alí levaron a vida desta primatóloga da que os alumnos contaron todo tipo de detalles a todos os veciños alí reunidos e da que conseguiron transmitir o seu inmenso amor pola natureza.
Os veciños e veciñas de Sequeiro e Vilaboa lles falaron ao alumnado de Atios de mulleres que viviron e viven en Sequeiro e Vilaboa e destacaron ou destacan por algunha cualidade que as fixo DIFERENTES NA IGUALDADE. Nos encanta coñecer estas historias das mulleres de Valdoviño da man dos veciños e veciñas do noso concello!!!