luns, 11 de xuño de 2018

ULTIMAS LECTURAS COMPARTIDAS DO CURSO

O pasado venres 8 de xuño, os alumnos e alumnas de 4º A e 4º B saíron do centro rumbo ao local social de Vilarrube e á Casa da Cultura-Biblioteca municipal respectivamente para levar ata alí a historia da muller que eles investigaron co noso proxecto de centro, DNI: Diferentes na igualdade, Malala. Tanto uns coma outros traballaron moito este trimestre para coñecer a vida desta rapaza premiada co premio nobel pola súa labor en favor da paz, e elaboraron numerosos materiais para darnos a coñecer a todos os resultados da súa investigación, incluído un marabilloso cómic no que plasmaron a vida de Malala e que podedes ver en Atios TV.




No local social de Vilarrube, esperaban aos nosos alumnos os rapaces e rapazas da escola unitaria de Vilarrube que prepararon para o noso alumnado algunhas das historias de mulleres do libro MULLERAZAS.





E na Casa da Cultura esperaban aos noso nenos e nenas os homes e mulleres do obradoiro de memoria do concello de Valdoviño, que preparararon para os nosos alumnos outras historias de mulleres.

Nos encantan estes encontros das LECTURAS COMPARTIDAS FÓRA DO CENTRO!!!