mércores, 30 de xaneiro de 2019

LECTURAS CHEAS DE PAZ


A biblioteca do Cpi de Atios encheuse estes días de paxariñas de papel con mensaxes de paz, a biblioteca e todo o noso cole porque este ano quixemos lembrar a Sadako Sasaki e coma ela fabricar mil grúas de papel (paxariñas na versión de Atios) para encher o cole de desexos de paz e pedir todos xuntos un grande desexo, o de PAZ PARA TODOS EN TODO O MUNDO.



Ás paxariñas de papel se uniron aos corazóns alados que no transcurso do seu proxecto sobre Romero Britto elaboraron os nenos e nenas de Educación Infantil que confeccionaron un precioso mural que vai presidir a entrada á biblioteca nestes vindeiros días.



Coma sempre, a biblioteca de Atios quere celebrar o Día da Paz con lecturas; aquí vos deixamos algunhas suxerencias de lectura relacionadas coa efeméride de hoxe, a maioría delas xa están á vosa disposición na biblio así que animádevos e vide ler con nós.











Feliz Día da Paz a todos e todas e moita PAZ para encher as vosas vidas todos os días do ano.