mércores, 22 de maio de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO CPI DE ATIOS

Aínda que as titorías levan días a traballar o Día das Letras Galegas, e a facer diversas actividades para coñecer a figura do homenaxeado deste ano, Antón Fraguas, o centro concentra nesta semana as actividades das Letras.
Onte inaugurouse a exposición de obxectos antigos recopilados polos alumnos e alumnas de segundo de Primaria que levan días a imitar a Antonio Fraguas e o seu museo do pobo galego e investigando nas súas casas e nas casas dos seus avós para descubrir esas pezas antigas que nos contan pedaciños da nosa historia máis recente: chisqueiros, muíños de café, serróns, moedas e billetes antigos, estañadores, cepillos e berbiquís de carpinteiros, ...


Ao longo desta semana os nenos e nenas de 2ºA e 2ºB de primaria farán varias representacións da biografía de Antonio Fraguas e recitarán para os seus compañeiros "A mosca e a pulga" en tres sesións de contacontos na biblio.Onte foron as dúas prImeiras representacións.



O venres nos xuntaremos todo o cole no patio para unir dúas celebracións, a das Letras Galegas,gracias á colaboración dos alumnos de secundaria que teñen preparadas para todos nós algunhas lecturas sobre a figura de Antonio Fraguas, e a dos Maios, unha das festas máis bonitas do ano, polo cheiro marabilloso que enche o cole ese día, polos preciosos maios que confeccionamos con todo o alumnado, pola magnífica alfombra de flores que todos os anos nos enche de ledicia,e pola ledicia das cancións que todos xuntos cantamos arredor da nosa alfombra de flores.

Nos espera pois unha semana de moita ilusión para  recibir esta primavera que xa enche de luz e cor as nosas miradas.

FELICES LETRAS GALEGAS A TODOS! E MOI FELICES MAIOS!