domingo, 18 de decembro de 2022



 

                                                                   Guía de Nadal 2022

                  Para agasallar, para pedir nas cartas Navideñas, para ler nas vacacións... 

                  aquí tedes varias suxerencias que vos poden dar ideas  para  facer destas datas 

                                                                  momentos especiais!!

 

 

 
Agradecer a María Manso o seu tempo e por facer unha guía tan bonita!!
 

sábado, 19 de novembro de 2022

 

SAMAÍN  NA  NOSA  BIBLIO!!

   Exposición de libros relacionados co Samaín, monstruos, historias de medo...  




   Un cementerio no que varios libros recobran vida despois da lectura dun conxuro (inventado polo                alumnado de 5º de primaria) e poden escoitarse  e incluso, algunhas representarse na biblioteca.

  Deixamos unha fotiños! 












domingo, 6 de novembro de 2022

 

Deixamos imaxes con algúns traballos feitos polo alumnado do colexio, para conmemorar o Día das Escritoras:











domingo, 23 de outubro de 2022


24 de outubro Día das Bibliotecas!!

No CPI de Atios celebraremos este día con actividades especiais, entre as que destacan: 

1.  Lecturas ás escuras, na que se propoñen, nunha pequena exposición, algunhas lecturas para estes días de Samaín.

2. Lectura , por parte de alumnado de sexto curso e da ESO, ao alumnado de infantil e primaria. Terán que desenterrar un libro, para que cobre novamente vida, antes de poder escoitalo na biblioteca. 

3. Volven as MOCHILAS VIAXEIRAS!!









 

domingo, 9 de outubro de 2022

 O vindeiro 17 de outubro será dedicado ás escritoras. Disfrutemos deste día, e aproveitemos a ler ás moitísimas escritoras que no mundo nos rodean!!  Entra na biblio e busca algunha delas!!





 Neste curso 2022-2023 o lema das Bibliotecas Escolares é: 




sen dúbida un bo lema para disfrutar na nosa biblioatios!!



domingo, 2 de outubro de 2022




Neste curso 2022/2023 comeza unha nova aventura na biblioteca! Para descubrila tes que abrir a porta e sumerxirte nas mil e unha historias que alí podes atopar!

                                                                        Anímaste!! 




 

xoves, 23 de xuño de 2022

Recoñecemento concedido ao CPI de Atios

 A profe Irene, de Bioloxía e Xeoloxía, deunos hoxe esta boa nova: o Ministerio para a Transición Ecolóxica valora moi positivamente o traballo feito ao longo do mes de novembro e o estudo de residuos levado a cabo dentro do proxecto Recreos Residuos Cero.


Felicidades a todos os alumnos implicados directamente no proxecto e a todos aqueles que colaboraron e se animaron a reducir a súa propia produción de residuos porque deste xeito, gañamos todos!!!

martes, 21 de xuño de 2022

Lecturas para o verán

Rematamos o curso coas suxestións de lecturas para o verán:



 Desfrutade do verán e lede moito!!!

mércores, 8 de xuño de 2022

Poema de Andrea Penin Fojo

 Qué mellor maneira de ir despedindo este curso escolar a piques de rematar que cun poema escrito por unha alumna nosa de 1º ESO C: Andrea Penin Fojo.

Gustáronnos moito as súas palabras, o seu significado no poema; e gustounos moito a ilustración, minimalista e azul.

Gracias, Andrea!!!

Transcribimos aquí o texto por se non se le ben na imaxe:

El cielo es como el

universo pintado por una 

lágrima azul, de donde

vendrá esa gota tan 

preciosa que cae de un

ojo que se confunde 

con las estrellas, que

reluce entre la multitud.


Yo siempre te querré 

pequeña lucecilla, aunque

tengas ese pequeño defecto

de que todos te quieran

y tú a mí ni me miras.

xoves, 19 de maio de 2022

Álbumes parlantes

Moi bo día!

É unha ilusión para nós informarvos a todos de que xa chegaron (por fin!) ao centro os dous álbumes parlantes que nos dera a coñecer a nosa compañeira de música Yolanda. Trátase de dous dispositivos con espazo para fotos e capacidade de gravar e reproducir audio fabricados pola empresa BJ Adaptaciones, especializada en material escolar de inclusión e para necesidades educativas especiais. 



Pensamos é de grande utilidade para traballar a narración e a oralidade, a secuenciación e coherencia dun relato, as linguas estranxeiras, ... Combina a alfabetización e as TIC, pois é posible falar e escoitar traballando con secuencias de fotos, presentacións e mesmo coñecer novas palabras.

Simplemente hai que insertar debuxos ou fotografías nos petos de cada páxina e gravar mensaxes de ata 10 segundos relacionados coa imaxe da páxina. Cada mensaxe de voz individual pódese reproducir en calquera momento, simplemente pulsando o botón.

Como dixo a nosa compañeira Rosa, de física e química: "igualiño que os de Harry Potter". Pouco lle temos que envexar xa ao cole de Hogwarts.

Tedes os álbumes á vosa disposición na biblioteca, no armario amarelo mural ao lado da mesa do profe, agardando impacientes pola vosa creatividade.

O equipo de biblioteca.



xoves, 28 de abril de 2022

Semana do Libro no CPI de Atios

 Esta semana está a ser moi movida no noso centro, pois estamso a celebrar a Semana do Libro. Todos os cursos, o CPI de Atios dedica o Día do Libro a un autor ou autora locais. Nesta ocasión convidamos á artista Blanca Escrigas que realizou varios obradoiros na biblioteca para os alumnos de Infantil e Primaria ao longo de toda a mañá de onte.

Non obstante, o prato forte deste ano están as ser as obras de teatro que alumnos de 5º de Primaria, 1º 2º e 3º ESO están a representar para todos os seus compañeiros. Trátase de 3 obras de teatro de creación nosa moi breves, todas ao redor do libro, todas de humor e todas interpretadas por parellas de actores. Dúas das obras son itinerantes de xeito que as parellas de intérpretes se desprazan de aula en aula para escenificar a obra. A terceira precisa de decorado, polo que a súa representación ten lugar sempre na biblioteca, adaptada para a ocasión, e os grupos de aula desprázanse ata aí para asistir por quendas á obra.
En total, movilizamos 22 actores e actrices que formaron 11 parellas para representar 3 obras de teatro a todos os alumnos do centro ao longo dunha semana e media.
















Ademais, hoxe entregamos os Premios dos Concursos Literarios.

Moitas felicidades aos 
premiados!!!



mércores, 6 de abril de 2022

Semana do Libro. Obradoiros e Concursos Literarios.

 Velaquí a convocatoria "oficial" dos concursos da Biblioteca para celebrar a Semana do Libro que celebraremos á volta das vacacións de Semana Santa.

Ide poñéndovos mans á obra, exprimindo ideas do cerebro e dando renda solta á vosa creatividade!!



Todas as categorías teñen como eixo temático o mar, tema do proxecto anual de centro este ano. As propostas candidatas teñen que estar escritas en galego.

Haberá PREMIOS!!!!

Lembrade que o prazo de presentación das vosas obras remata o luns 25 de abril.

venres, 11 de marzo de 2022

Entrega de Premios


Na biblioteca encántanos entregar premios e hoxe tivemos a ocasión de entregar dous premios compostos de libro e caderno a Jimena Freire Vega e Edurne Lamas Ramos de 5º A, polas súas recensións do Libro ás Cegas que lles tocou.

Noraboa ás dúas!!!

xoves, 24 de febreiro de 2022

Ferramenta útil para a lectura

 A profe Zeltia de lingua castelá, colaboradora da nosa biblioteca, achegounos esta curiosa e útil ferramenta: Reading Length, da que nos fala Julián Marquina na súa páxina web. 


É unha app moi fácil de usar que primeiro permite atopar calquera libro no seu buscador e logo indica o tempo que tardaríamos en acabalo. O cálculo faise inicialmente en base a velocidades lectoras de promedio, pero pódese personalizar á velocidade lectora de cada un.

Imagen superior cortesía de Shutterstock a través de julianmarquina.es

Libros ás cegas

 Do 1 ao 21 de febreiro celebramos no CPI de Atios 21 Días co Galego e +, a Biblioteca colabourou nunha das moitísimas actividades que se levaron a cabo ao longo destas tres semanas e unha das que tiveron moi boa acollida entre o alumnado.A actividade consistía en ter unha cita ás cegas cun libro que se elixía en función dos indicios escritos sobre o papel que o envolvía. 

Velaquí tedes a morea de libros que envolvimos para Primaria. Os alumnos gozaron da actividade escollendo o seu libro; posteriormente, realizaron ben un vídeo "unboxing" co seu libro ou ben unha breve recensión explicando a súa opinión persoal da obra.


Vanessa, profe de historia, coordinadora do EDLG e ideóloga da iniciativa. Moitas grazas por todo!!!!!!








Areíñas na pel

 


Presentámosvos unha das novas adquisicións da biblioteca, o marabilloso libro Areíñas na pel, da editorial viguesa Meirch&Peich:


É un libro que trata o tema das persoas extremadamente sensibles dende un punto de vista fácil de entender para todos os públicos e especialmente recomendado para os máis pequenos.


O libro vén provisto de códigos QR nos que se poden descargar cancións axeitadas a cada momento do libro; só hai que buscar o símbolo da buguina para saber cando debemos reproducir a canción e desfrutar dunha experiencia envolvente co libro.


Temos dous exemplares á vosa disposición no expositor de novidades. Unha gran pequena obra á que se lle pode tirar moito proveito na aula para traballar a empatía.

Exposición de libros polo Día da Nena e a Muller na Ciencia

 Co éxito que está a ter o noso recuncho de libros no corredor do 2º piso, aínda imos prolongar uns días máis a exposición en conmemoración do Día da Nena e a Muller na Ciencia.

Lembrade que calquera libro se pode levar en préstamo, so tedes que achegalo á biblioteca e solicitalo; e tede en conta que, debido ao movemento de libros, os títulos expostos están en constante renovación e cambio. Sempre hai algo novo que ler!!