domingo, 29 de outubro de 2023

DÍA DAS ESCRITORAS 2023

 Este ano para celebrar o Día das escritoras creamos un novo proxecto chamado POEFLIX.  Podes pasar a velo no corredor de secundaria. Pero  isto é só o comezo.....CONTINURÁ

Grazas ás profes implicadas polo seu traballo 


PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA CIENTÍFICA

 Este pasado venres foi a primeira reunión do club de lectura científica. Xa repartimos os exemplares de El hombre que plantaba árboles. Todo un éxito. Anímate a participar!!! Vémonos os venres no segundo recreo (13.10) na biblioteca.📕📕📗📗📘📘






venres, 27 de outubro de 2023



                                                      MOCHILAS  VIAXEIRAS 

   

                  DEIXA UNHA OPINIÓN NA PARTE INFERIOR DESTA INFORMACIÓN, 

                  ONDE SE INDICA    "COMENTARIOS":


                                                               


       





                                                          Música: recomendacións musicais

 

                                                               Para 1º, 2º de primaria:


A fábrica de Carmela (a gramola gominola): https://www.youtube.com/watch?v=yZ2V88BPXhw

Spotify A gramola gominola: https://open.spotify.com/intl-es/artist/4KBgljgX9kbPGxfZ5TjR8W

 

Nubes: Alegría: https://www.youtube.com/watch?v=4dMoJWPME9g

Spotify Sergio Tannus: https://open.spotify.com/intl-es/artist/0qkoZYSAwcYht3fkevuUh5

Spotify Uxía Lambona e a banda molona: https://open.spotify.com/intl-es/artist/3Mx6EHWX7B8Z7vQvI3uDhX

 

Canle de Sonárbore: https://www.youtube.com/user/sonarboretv/videos

 


                                                       Para 3º, 4º, 5º e  6º de primaria:


Catuxa Salom- Aguas venir : https://www.youtube.com/watch?v=5uba9f7e0-0

Spotify: https://open.spotify.com/intl-es/artist/7pNENbSuiojM2b6ae53ecA

 

Caamaño e ameixeiras- Maribel: https://www.youtube.com/watch?v=wh2_y35J3I8

Spotify: https://open.spotify.com/intl-es/artist/6y3amaH2PNp48kslVnR7WH

 

Fillas de Cassandra: A miña tataravoa: https://www.youtube.com/watch?v=QOb9FhlWbjY

 

 

Grupos de rock formados por rapaces de Ferrolterra:

FERROCK: https://www.instagram.com/ferrock_band1/?igshid=MzRIODBiNWFIZA%3D%3D

 

KEEPERS: https://www.instagram.com/keepers_oficial/

https://www.youtube.com/@keepers-oficial

 

 

 Entrega das mochilas viaxeiras:

Rodrigo, alumno de 3º da ESO, foi o encargado de levar as mochilas ás aulas.

Graciñas pola túa colaboración.




 

 


xoves, 26 de outubro de 2023

 


   Para celebrar o "Día das Bibliotecas" no CPI de Atios fixeron entrega do marcapáxinas ao          alumnado de 1º e 2º de educación primaria a todo o alumnado, mestr@s e outro persoal do colexio.







martes, 24 de outubro de 2023

 

 

       Durante estes días o alumnado de 1º e 2º de primaria irán polas aulas, comedor, cafetería... para facer        entrega  do marcapáxinas que entre tod@s elaboraron.  Este agasallo está pensado como actividade

       para o fomento da lectura, e a súa razón nesta semana,  pola conmemoración do...

                                                                    "Día das Bibliotecas". 

        Esperemos que vos guste e utilicedes como marcador para as vosas lecturas.

 




 

                     LEE   ESTES   CONSELLOS!!

 

    





   




luns, 23 de outubro de 2023

 

 

            Pincha sobre os enlaces debaixo de cada imaxen.                      Esperamos que vos gusten!!


                          CANCIÓN: "Tan só con leres un libro" de Mamá Cabra


     


                                                         Tan só con leres un libro



                            CURTO: "La magia de leer"

 

                                      

                                                                      La magia de leer

        



 

            24 de outubro... Día das Bibliotecas

 

 

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

 
A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a  Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.  
 
"O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns".
 
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender, lugares para descubrir, para encontrarse e convivir. A rede de bibliotecas escolares de Galicia leva moitos anos tecendo espazos de encontro nos que compartir experiencias e recursos, nos que conectar coa comunidade próxima ou a máis afastada, lugares que contribúen á formación dunha cidadanía crítica, activa e comprometida.
 
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 
 
Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia  UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS , e  quere poñer o foco na importancia do cómic na formación do itinerario lector, o cómic como un lugar no que encontrarse.

 

                                                                                Información da páxina Bibliotecas escolares de Galicia

domingo, 15 de outubro de 2023

CLUB DE LECTURA DE CIENCIAS

 O próximo venres 20 de outubro terá lugar a primeira sesión do Club de lectura de ciencias 2023/24.

Estaremos na biblioteca no segundo recreo (13:10 ) e contaremos coa axuda de José Luis Quintela, "Josito".

O libro elixido para comezar é :


Anímate a vir!!!!

venres, 6 de outubro de 2023

 

  O  KAMISHIBAI   SAE  DA  BIBLIO  ÁS  AULAS!! 

 

kamishibai estaba impaciente na biblioteca por saír a ver ao alumnado da volta das vacacións.

Acompañado por  Alma e Bruno, de 6º de primaria,

o kamishibai abríu as súas portas para contar

"O Gato con Botas"

conto que prepararon moi ben Alma e Bruno 

e que 

ás nenas e ós nenos 

dende infantil a cuarto cursos de primaria encantou!!

GRAZAS!! 





 

 

 

 

     CREA O MARCAPÁXINAS DA BIBLIATIOS 

(curso 2023-2024)

 

Neste mes de outubro comeza o concurso: "diseño do marcapáxinas da nosa Bibliatios".

Os concursantes serán o alumnado do CPI de Atios de 1º e 2º cursos de primaria, que partindo do seguinte modelo, terán que elaborar debuxos e lemas animando á lectura e a visitar a Pelusa á biblioteca. 

Entrega os teus debuxos ou lemas ao teu mestr@ ata o 20 de outubro e SORTE!! 

Premio: impresión do marcapáxinas para uso de toda a comunidade do CPI de Atios!!  


 

 

 

             N O V I D A D E S  na Bibliatios!  

Por encargo de Pelusa...

chegan libros interesantes,

para axudarvos a 

ler, coller ideas 

e concursar nos 

MICRORRELATOS!

Están xenial! 

Anímaste? 

Poderás atopalos no carro expositor de Novidades, 

no corredor do segundo andar do cole, camiño á biblio!


 



luns, 2 de outubro de 2023

 

 

    CONCURSO  SAMAÍN  no CPI de Atios

 



 ANÍMATE E PARTICIPA!!

 

 

 LEMA E CARTEL 

DO CURSO ACTUAL

 PROMOVIDO POLAS 

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA




 

 

 

COMEZAMOS  UN NOVO  CURSO  

NA  BIBLIOTECA  DO

CPI de ATIOS 

 

ESPERÁMOSTE!!