ACTIV COMPLEM/EXTRAESC, DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, BIBLI SOLIDARIAS, MOCHILAS VIAXEIRAS

martes, 9 de decembro de 2025

 


Na época de Nadal é moi habitual pedir agasallos!! 

Nesta guía, feita dende a BibliAtios, 

queremos axudar a escribir 

peticións ao Apalpador, Papa Noel, Reis Magos... 

Botade unha ollada e atoparedes lecturas 

interesantes, divertidas, 

incluso con consellos para utilizar

a Intelixencia Artificial!!

Ah!! e xogos educativos!!



Boas Festas

Feliz Ano Novo 

2026 










 

5 de decembro do 2025






O alumnado voluntario da BibliAtios lee o libro dos Bolechas para aprender o significado de ser "voluntario" e posteriormente explicar aos máis pequenos.




luns, 1 de decembro de 2025

 


BIBLIATIOS   SOLIDARIA

Hoxe arranca a campaña solidaria que o 

CPI de Atios leva facendo dende fai xa bastantes anos!


O alumnado de 5º de primaria ían polas aulas informando 
ao alumnado, profesorado e outro persoal do centro educativo.








 

BIBLIATIOS CO DEPORTE!!


O xoves 27 de novembro a BibliAtios recibía a visita do Racing de Ferrol. O alumnado estivo moi emocionado e os xogadores agasallaron con firmas.

Moitas grazas pola visita!!












domingo, 30 de novembro de 2025

 

DÍA DA DISCAPACIDADE






Aproveitando o proxecto de centro: O CINE 
poderíamos recomendar moitísimas películas, pero Pelusa
recomenda:




Podedes vela a través de moitas plataformas de películas. 



VISITA E COMPATIR EXPERIENCIAS

NA BIBLIATIOS

Para conmemorar o día da discapacidade, celebrado o pasado 3 se decembro, o alumnado de Chamorro asistiu ao cpi Atios para facer unha actividade en conxunto co noso alumnado:Tratábase do visionado de vídeos para sensibilizar acerca do trato normalizado con toda a xente, así como dramatizacións para detectar as condutas erróneas e visibilizar as correctas. Aproveitouse a visita para facer unha pequena convivencia no centro e traballar a inclusión educativa.

 







































mércores, 26 de novembro de 2025

Fête des Catherinettes

Fête des Catherinettes

O 25 de novembro celébrase en Francia a Festa das Catherinettes, que reivindica a independencia e singularidade de cada muller. Son homenaxeadas as mulleres solteiras de 25 anos en lembranza de Santa Catarina de Alexandría, muller moi culta do século I d.C. que foi executada por ter rexeitado en matrimonio nada menos que a un emperador romano.

O elemento típico é un sombreiro extravagante, verde e amarelo, que simboliza a personalidade ou a historia da muller que o leva.

Nesta imaxe podedes ver as creacións do grupo de alumnas de 3º ESO B xunto co mural explicativo.



domingo, 23 de novembro de 2025

 

O pasado 12 de novembro do 2025 na BibliAtios houbo un obradoiro de LAB LGBT para alumnado da ESO. 

Dende a BibliAtios preparamos unha pequena exposición:













 

POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO!!


O alumnado de 3º A de primaria estiveron a traballar co peón... aprenderon cancións... e fixeron algún debuxos...                               Grazas por mostralos!!









sábado, 22 de novembro de 2025

 




DÍA INTERNACIONAL DA MÚSICA








SE QUERES SABER MAÍS (CLICA SOBRE AS LETRAS)



P A U S  de  C H U V I A


Esta actividade está feita polo alumnado de 3ºA e B de educación primaria. 
Trátase dunha actividade en familia, e nas aulas de explicar oralmente como o elaboraron, materiais que empregaron, quen lles axudou...








                  



 


25 de novembro do....

isto non tería que ser unha CONMEMORACIÓN!!























  CHAPLIN!!     na BibliAtios!! 












Primeira película que recomendamos ver dende a BibliAtios!!





Marcou o seu debut na pantalla e é unha curtametraxe. 




Agora deixamos a película "El Chico" moi boa para ver con nen@s!!


Foi o primeiro largometraxe de Chaplin e considérase un clásico do cine. 
















 

Proxecto de centro: 

                              

O CINE!!

     A BibliAtios quere aportar o seu grao de area con esta pequena información sobre o cine: