DÍA DA DISCAPACIDADE
Para conmemorar o día da discapacidade, celebrado o pasado 3 se decembro, o alumnado de Chamorro asistiu ao cpi Atios para facer unha actividade en conxunto co noso alumnado:Tratábase do visionado de vídeos para sensibilizar acerca do trato normalizado con toda a xente, así como dramatizacións para detectar as condutas erróneas e visibilizar as correctas. Aproveitouse a visita para facer unha pequena convivencia no centro e traballar a inclusión educativa.





















