xoves, 18 de decembro de 2014

O NADAL CHEGOU Á BIBLIOTECA DE ATIOS

Esta semana de nadal celebrámola na nosa biblioteca con dúas actividades:

* Onte convertimos parte da biblioteca nun río no que nos mergullamos todos para coñecer a historia da Xacia Luviñas da man das nosas axudantas da biblioteca, Alba e Iria. O libro, escrito polo contacontos Anxo Moure, está protagonizada por unha xacia, unha serea dos ríos que chora cando a auga dos ríos está contaminada e nos recorda a todos a importancia de coidar o noso entorno.



* Hoxe lembramos a todos os nenos e nenas do cole de Atios a figura do Apalpador, o "Papa Noel" galego" que dende as montañas do Courel visita as casas de todos os nenos e nenas s na Noiteboa e lles deixa unha presa de castañas cando teñen fame; esta vez foron Andrea, Celia, Inés e Alba as que leron para todos o conto Antón e o Apalpador.




Vos deixamos aquí unha imaxe da nosa exposición de Nadal por se atopades algún título que sexa do voso interese.



BO NADAL A TODOS E TODAS, QUE O NOVO ANO VOS TRAIA LECTURAS MARABILLOSAS E MOMENTOS DE GRANDE LEDICIA EN COMPAÑA DOS LIBROS.





sábado, 29 de novembro de 2014

SAMAÍN EN ATIOS

O mes de novembro foi o mes do Samaín na biblioteca de Atios, e coma todos os anos, as lecturas de medo tiveron un un oco especial nas nosas lecturas. As axudantas da biblioteca, algún alumno de sexto e as nais do cole, se encargaron de meter o medo no corpo aos visitantes da biblio nestes dñias.

Aquí vos deixamos algunhas fotos dos mellores momentos das lecturas:








DÍA INTERNACIONAL DAS AVES

No mes de outubro se celebrou o Día Internacional das Aves, por iso na biblio de Atios decidimos aproveitar a ocasión para expoñer libros sobre todo tipo de aves: gíuas coas que poder identificalas, libros sobre as aves da nosa contorna, contos coas aves como protagonistas, ... Precisamente estes últimos son os libros que escollimos para que as axudantas da biblioteca llos leran aos nenos e nenas que habitualmente visitan a biblio."As pitas baixo a chuvia" e "A merliña" foron as historias escollidas para as nosas lecturas.





venres, 28 de novembro de 2014

XA ESTAMOS DE VOLTA !!!!

Despois dun longo silencio, por fin estamos de volta; Pelusa saeu do seu agocho habitual, no medio dos libros dos andeis da biblioteca e este ano nos propón ler libros sobre medio ambiente, nos que poidamos descubrir os animais do entorno de Valdoviño, nos que investigar sobre as árbores e as plantas que nos rodean, nos que aprender cales son os principais problemas medio ambientais do noso entorno, nos que aprender a reciclar e aforrar auga para coidar o medio ambiente.


domingo, 15 de xuño de 2014

VACACIÓNS DE LIBRO

Chegamos ao final do curso, a biblioteca do CPI de Atios pecha as súas portas por este ano, Pelusa, a nosa mascota, vai ser a única habitante da biblio do cole nestes días de verán, mentres nós disfrutamos da praia, do aire libre, do tempo de lecer en compañía da familia e os amigos, ...
Vaiades onde vaiades cada un de vós, non esquezades a compaña dun libro co que encher algún dos vosos ratos de tempo libro neste verán que estamos a piques de estrear.

MOI FELICES VACACIÓNS A TODOS!!!!

martes, 27 de maio de 2014

Visita de Iago López

O pasado venres contamos na biblioteca coa visita do contacontos Iago López que nos recreou coa súa magnífica versión da historia do home do saco.

xoves, 15 de maio de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Unha festa segue a outra, e case sen darnos tempo a coller folgos, xa estamos embarcados noutra celebración, neste caso trátase do Día das Letras Galegas que nesta edición 2.014 está adicada a Xosé María Díaz Castro.

 
 

Para ir coñecéndoo nada mellor que ler a súa obra, aquí vos deixamos un par de títulos:

 
O neno e a estrela, un contiño dirixido ao público máis infantil
 
 
Nimbos, un recopilatorio dos seus mellores poemas
 

Na vindeira semana a biblioteca do CEIP de Atios acollerá varias actividades adicadas aos libros en galego, vos informaremos puntualmente.
 

mércores, 7 de maio de 2014

MARATON DE LECTURA E LIBROS VIVINTES

Entre lectura e lectura, o tempo pasa moi axiña na biblioteca de Atios, tanto que abril deulle paso a maio case sen darnos conta. Pasou o día do libro e todas as celebracións que tiveron lugar na escola, aquí vos deixamos un par de fotos para lembrar os momentos especiais que vivimos na biblioteca facendo o maratón de lectura, e recreando personaxes de libro coa axuda dos vecinos de Valdoviño. * O maratón de lectura estivo adicado a Fina Casalderrey, da que ao longo da mañá do día 29 de abril, limos as obras que vos mostramos a continuación.
* O día 30 de abril, tivemos a sorte de disfrutar dalgúns dos nosos libros favoritos gracias aos veciños de Valdoviño que en forma de libros vivintes nos trouxeron á escola a o Coelliño branco, a Gerónimo Stilton, aos personaxes da Esmorga, Romeo e Julieta,e a Alicia no país das maravillas.

mércores, 23 de abril de 2014

DIA DO LIBRO

Hoxe comezamos a celebrar o Día do Libro no CPI de Atios, celebramos a festa dos libros que enchen os andeis da nosa biblioteca e os lectores que a diario traen e levan libros para as súas casas, libros cheos de fermosas historias, libros cargados de soños e aventuras. Dende hoxe ata a semana que vén realizaremos na escola diversas actividades que nos lembrarán a todos a maxia dos libros. FELICIDADES A TODOS OS LECTORES E LECTORAS A BIBLIOTECA DO CPI DE ATIOS, HOXE ESTAMOS DE FESTA!!!!
Para celebrar o Día do Libro, hoxe agasallamos aos nosos lectores e lectoras cunhas flores moi especiais, flores de piruleta que fixeron máis doces aínda as nosas lecturas.

xoves, 3 de abril de 2014

PAULA MERLÁN VISITA A NOSA BIBLIOTECA

Hoxe celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coa visita da escritora Paula Merlán; con ela percorremos as marabillosas páxinas dos seus libros. Tivemos a sorte de que ela lera para nós "Moranda" unha preciosa historia que a base de pequenos poemas recrea o mundo dos soños, con ela limos, cantamos e soñamos.
Aquí vos deixamos estes dous libros de Paula:

xoves, 27 de marzo de 2014

MARZO, MARZOLO

O mes de marzo veu cargado de actividades na nosa biblioteca: * Nestes días adicamos un pouco do noso tempo a ler a Rosalía de Castro, para celebrar a chegada da primavera con poemas, poemas en galego e con sabor á nosa terra. Escollimos algúns poemas e as nosas axudantas da biblioteca se meteron de cheo na pel de Rosalía para lerllos aos compañeiros da escola:
* Hoxe, aproveitando o Día mundial do teatro, fixémoslle un sitiño ao teatro na nosa biblioteca. Os alumnos de 4º B fixeron una magnífica representación da obra "Zongalo Quirico" que a todos nos encantou. Noraboa pola vosa actuación!!!!

luns, 17 de marzo de 2014

MULLERES DE LIBRO

Con este título quixemos encabezar as actividades da biblioteca para conmemorar o 8 de marzo, o día internacional da muller, lembrando a grandes autoras que soñaron e escribiron algún dos libros que enchen os nosos andéis. Elas son as autoras dos libros que hoxe vos suxerimos:
Lúa, de Fina Casalderrey, editorial Everest
A bruxiña da sorte, de Concha Blanco, Alfaguara obradoiro
Ás de bolboreta,de Rosa Aneiros, edicións Xerais
Un porco e una vaca xa fam zoolóxico, de Paula Carballeira, edicións Xerais E por suposto, nestes días non queremos deixar de lembrarnos de Rosalía de Castro, exemplo de muller e de escritora galega da que vimos de celebrar o seu día o pasado 25 de febreiro.

domingo, 2 de marzo de 2014

LIBROS TAMÉN NO ANTROIDO

Xa temos aquí o antroido cargado de caroutas, antifaces e disfraces, pero tamén cargado de libros para ler entre fereixó e fereixó; algúns dos libros que vos suxerimos para estas datas son:
El carnaval de los animales, Marianne Dubuc (editorial Juventud)
Os Bolechas van de antroido, Pepe Carreiro (Promociones Culturais Galegas)
Disfraces de personajes, Ana Isabel Sanz e Monica Martí Sampere (editorial Parramon)
El gran libro de los disfraces, varios autores (Círculo/Imaginarium) MOI BO ANTROIDO A TODOS!!!

xoves, 13 de febreiro de 2014

NA SEMANA DE SAN VALENTÍN ESPALLAMOS AMOR POR TODO O COLE

No CPI de Atios adicamos a semana de San Valentín a espallar amor e cariño por todo o colexio, enchimos a escola de corazóns que nos recordaron a todos a importancia dos bicos, das apertas, do cariño, da amizade, ... Aproveitamos tamén estes días de tanto temporal e tanta chuvia para refuxiarnos na calor das letras, das letras das cartas de amor que escribimos e depositamos nun buzón moi especial que puxemos diante do comedor e que logo foron repartidas no día de san Valentín.
.. e nas letras dos libros que contan historias de amor, historias de amizade e complicidade entre dous. Para celebrar o día de San Valentín as nosas axudantes de biblioteca; Celia e máis Inés, escolleron este libro, Un amor de botón (Pauline Carlioz, editorial Combel) para lerlles aos rapaces e rapazas que visitan a nosa biblioteca:
BO DÍA DE SAN VALENTÍN A TODOS E TODAS!!!!

domingo, 2 de febreiro de 2014

AS NOSAS COUSIÑAS DA PAZ

Estes días estivemos moi ocupados pola biblioteca de Atios, coñecendo as historias de personaxes que adicaron a súa vida a traballar pola paz, confeccionando murais, enchendo a nosa biblioteca de pombas, e por suposto, lendo libros que nos trouxeron un pouquiño de paz a todos. Ahí van algunas fotos:
Nas fotos vedes algún dos traballos que fixemos, e a dúas das axudantes da biblioteca, Andrea e Lucía, nas sesións de contacontos nos recreos.

xoves, 23 de xaneiro de 2014

PARA O DÍA DA PAZ PELUSA ACONSELLA ...

Ler por suposto; hai unha morea de libros que tratan o tema da paz e que nestes días fríos e chuviñentos podemos ler ben acomodados no sofá da casa. Por exemplo estes: - A pomba dona Paz, Ramón Caride (edicións Xerais) Este conto está dispoñible en versión audiovisual en http://www.youtube.com/watch?v=gyOElK_9Ruk&noredirect=1
- Orellas de bolboreta, de Luisa Aguilar e André Neves (editorial Kalandraka).
- Un barco no ceo, de Quentin Blake (editorial Kalandraka)
- Me llamo Paz, Anna Obiols (edicións Edebé)
Este conto está dispoñible en versión audiovisual en http://www.youtube.com/watch?v=hxkYs7t-uEU - La conferencia de los animales, Erich Kästner (editorial Alfaguara)
- El corazón ardiente de Danko, Máximo Gorki (editorial Gadir)
- 7 cuentos crudos, Ricardo Gómez (editorial SM)
Coidádevos e lede moito.