xoves, 13 de febreiro de 2014
NA SEMANA DE SAN VALENTÍN ESPALLAMOS AMOR POR TODO O COLE
No CPI de Atios adicamos a semana de San Valentín a espallar amor e cariño por todo o colexio, enchimos a escola de corazóns que nos recordaron a todos a importancia dos bicos, das apertas, do cariño, da amizade, ...
Aproveitamos tamén estes días de tanto temporal e tanta chuvia para refuxiarnos na calor das letras, das letras das cartas de amor que escribimos e depositamos nun buzón moi especial que puxemos diante do comedor e que logo foron repartidas no día de san Valentín.
.. e nas letras dos libros que contan historias de amor, historias de amizade e complicidade entre dous. Para celebrar o día de San Valentín as nosas axudantes de biblioteca; Celia e máis Inés, escolleron este libro, Un amor de botón (Pauline Carlioz, editorial Combel) para lerlles aos rapaces e rapazas que visitan a nosa biblioteca:
BO DÍA DE SAN VALENTÍN A TODOS E TODAS!!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario