luns, 28 de novembro de 2016

MÁIS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Mirade que cartel máis chulo diseñou a profe Loli para lucir estes días na biblioteca:

O tema ben o merece, así teremos un fantástico recordatorio que nos lembrará que todos os días son días contra a violencia de xénero.

O cartel de Loli foi un magnífico fondo que hoxe acompañou as lecturas dos nosos CONTACONTOS NO RECREO, a cargo do alumnado de sexto que leron para todos os alumnos de Primaria "O libro dos Porcos" e un extracto do libro "Ola, estúpido monstro peludo"; vos deixamos con algunhas fotos das lecturas.




venres, 25 de novembro de 2016

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No CPI de Atios hoxe levamos a cabo un pequeno acto no que lembramos a data e as moitas, demasiadas, mulleres que neste ano foron víctimas do maltrato; neste blog non queremos deixar pasar o día sen facer unha mención a esta terrible lacra que nos preocupa e nos aflixe profundamente.

Xa sabedes que calquera data é boa para achegarse aos libros e dende a biblioteca vos propoñemos varias lecturas coas que podedes acompañar e conmemorar este día:



















Boas lecturas a todos!!!

xoves, 10 de novembro de 2016

SAMAÍN EN ATIOS: SEMANA DA TRADICIÓN ORAL

Esta semana o colexio de Atios é un fervedoiro de actividades: decoración de portas, concurso de cabazas, semana da buxaina, magosto, ... e contacontos de medo na cafetería.



Estes días trasladamos a biblioteca  á cafetería, que convertida en fogar de meigas e pantasmas foi o lugar perfecto para as nosas lecturas de medo do Samaín. Alí mestres, alumnos e nais foron lendo contos co medo como protagonista, historias arrepiantes nas que a santa compaña ou o demo andaban a facer das súas, lendas marabillosas ateigadas de mouras e trasnos... GRACIAS A TODOS E TODAS POLAS VOSAS LECTURAS.