xoves, 10 de novembro de 2016

SAMAÍN EN ATIOS: SEMANA DA TRADICIÓN ORAL

Esta semana o colexio de Atios é un fervedoiro de actividades: decoración de portas, concurso de cabazas, semana da buxaina, magosto, ... e contacontos de medo na cafetería.



Estes días trasladamos a biblioteca  á cafetería, que convertida en fogar de meigas e pantasmas foi o lugar perfecto para as nosas lecturas de medo do Samaín. Alí mestres, alumnos e nais foron lendo contos co medo como protagonista, historias arrepiantes nas que a santa compaña ou o demo andaban a facer das súas, lendas marabillosas ateigadas de mouras e trasnos... GRACIAS A TODOS E TODAS POLAS VOSAS LECTURAS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario