luns, 30 de xaneiro de 2017

LECTURAS COMPARTIDAS

O CPI de Atios estes días é un fervedoiro de actividades, a semana pasada tivemos a ocasión de coñecer a Pablo, un home de Meirás que nos deixou a todos abraiados polo seu traballo de recuperación da toponimia locale co que falamos dos nomes das rochas e das pedras da costa de Meirás que el aprendeu de seu pai e dos percebeiros da zona.



Tamén contamos coa visita de Marcos Rodríguez, o protagonista real da película "Entrelobos", que nos deu a todos unha lección de humildade e espertou en todos nós unha sinceira admiración cando coñecimos a súa historia de supervivencia en Serra Morena, en plena natureza, sen máis compaña que os animais do monte. Conel todo o CPI de Atios aprendeu a oubear coma auténticos lobos.



A semana pasada tamén, a biblioteca do CPI de Atios visteuse de longo para estrear un novo proxecto co que estamos moi ilusionados, un proxecto que bautizamos co nome de LECTURAS COMPARTIDAS FORA DO CENTRO COS NOSOS MAIORES. O programa consiste nunha saída mensual dunha titoría a unha das parroquias de Valdoviño para facer unha lectura, unha obriña de monicreques ou un Kamishibai ante os máis maiores dolugar,lectura que posteriormente vai acompañadare dunha pequena transacción de xeito que os alumnos de Atios ofrecen unha lectura aos máis vellos a cambio de que estes lles falen sobre un tema previamente acordado en función da data da saída (magosto, samaín, nadal, antroido, refráns, adiviñas, toponimia….).



Nesta primeira ocasión a lectura escollida foi "O segredo da illa negra" de Agustín Fernández Paz e dúas titorías foron as encargadas da mesma, 5º A e 5ºB; o lugar escollido para o encontro foi nesta ocasión a parroquia de Meirás e alí estiveron moitos maiores para contarlles aos nosos alumnos historias de vellos mariñeiros e percebeiros da zona. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario