venres, 19 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Onte celebramos no CPI de Atios o Día das Letras Galegas, bueno en realidade levamos varias semanas a celebralas posto que nas aulas se suceden diversas actividades para coñecer ao autor homenaxeado este ano, o ourensán Carlos Casares, se sucederon as diversas lecturas sobre a súa obra, os traballos de ilustración sobre fragmentos da súa obra, os relatos confeccionados a partires dos personaxes dos seus libros, e tamén os ensaios de   obras de teatro en galego - unhas sobre obras do oautor e outras doutros autores pero sempre en galego.

Coas ilustración e os relatos escritos os alumnos do centro participaron nun relato de debuxo e relato curto convocado polo Concello de Valdoviño en relación co autor Carlos Casares.

Coas obras de teatro onte e máis hoxe estamos a asistir a un ciclo de teatro protagonizado polos propios alumnos do centro; algunhas desas obras participarán no certame TEATRO CON G que se celebra todos os anos no concello de Ferrol e o vindeiro venres tamén será unha obriña de Carlos Casres a que leven os rpaces de 4º A ás LECTURAS COMPARTIDAS cos maiores da parroquia de Vilarrube.

Algunha das obras de Carlos Casares foron utilizadas nos apadriñamentos lectores como ocorreu o pasado martes que os alumnos de 4º lles leron "Lolo anda en bicicleta" aos rapaciños de 2º.





Non hai mellor excusa que o DÍA DAS LETRAS GALEGAS para aproveitar a coñecer un novo autor da nosa literatura galega, e sen dúbida Carlos Casres é un deses autores que merece ser coñecido e lido por todos. 






venres, 12 de maio de 2017

PRIMAVERA DE FLORES E LECTURAS


A pasada semana  o CPI de Atios deulle a benvida á primavera coa celebración da festa dos Maios, xa habitual no noso centro educativo. É unha festa que a todos nos gusta. o arrecendo das flores exténdese por toda a escola, confeccionar os maios e a alfombra de flores é un dos momentos máis divertidos no ano, e os cantos das cancións dos maios arredor da alfombra é un momento realmente emocionante.


A biblioteca celebrou a chegada da primavera con lecturas; nesta ocasión foron os rapaces de 4º B os encargados das nosas LECTURAS COMPARTIDAS, os que se desplazaron á parroquia de Lago para lerlles aos veciños a obra "Os doutores da inseguridade social". Con eles falaron despois das lendas da zona, incluídas algunhas lendas de Valdoviño. Estas son algunhas fotos do día.





FELIZ PRIMAVERA PARA TODOS E BOAS LECTURAS!