venres, 12 de maio de 2017
PRIMAVERA DE FLORES E LECTURAS
A pasada semana o CPI de Atios deulle a benvida á primavera coa celebración da festa dos Maios, xa habitual no noso centro educativo. É unha festa que a todos nos gusta. o arrecendo das flores exténdese por toda a escola, confeccionar os maios e a alfombra de flores é un dos momentos máis divertidos no ano, e os cantos das cancións dos maios arredor da alfombra é un momento realmente emocionante.
A biblioteca celebrou a chegada da primavera con lecturas; nesta ocasión foron os rapaces de 4º B os encargados das nosas LECTURAS COMPARTIDAS, os que se desplazaron á parroquia de Lago para lerlles aos veciños a obra "Os doutores da inseguridade social". Con eles falaron despois das lendas da zona, incluídas algunhas lendas de Valdoviño. Estas son algunhas fotos do día.
FELIZ PRIMAVERA PARA TODOS E BOAS LECTURAS!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario