mércores, 28 de febreiro de 2018

PAULA CARBALLEIRA VISITA O NOSO COLE


Neste curso, no cole estamos a desnvolver un proxecto sobre igualdade ao que denominamos DNI:DIFERENTES NA IGUALDADE. Con este proxecto, cada titoría do cole escolleu unha muller sobre a que investigar, e cada mes unha destas mulleres é a protagonista de diversas actividades no cole.

Unha destas mulleres é Paula Carballeira, á que escolleron os nenos e nenas de 1º e 2º para coñecer a súa biografía e tamén o seu traballo como actriz, contacontos e escritora.

Hoxe tivemos a oportunidade de contar coa presencia de Paula na escola, de escoitar da súa man, historias marabillosas que quenceron os nosos corazóns nun día frío coma o de hoxe nos que as folerpas de neve asomaron por Valdoviño.

Paula contounos os seus marabillosos contos, contestou as preguntas que os nenos e nenas lle tiñan preparadas, deixounos dedicatorias preciosoas nos seus libros e deixouse abrazar e fotografar con todos nós.

Aquí vai un adianto dalguhas fotos:



Ningún comentario:

Publicar un comentario