mércores, 24 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO 2.019

Onte celebramos no cole o DÍA DO LIBRO e o fixemos con dúas visitas.

En primeiro lugar contamos coa visita ao centro de Evangelina Hermida, a muller homenaxeada este ano polo Día do Libro en Atios; cada ano escollemos un autor ou autora de Valdoviño para coñecelo e traballalo un pouquiño nas aulas. Neste caso trátase dunha veciña de Valdoviño que escribe coplas para encher de ledicia e bon humor as moitas actividades nas que ela participa xunto con moitos dos seus veciños.
Evangelina visitou o centro e deixou unha moreade sorrisos no comedor onde estivo reunida cos alumnos e alumnas de secundaria.



En segundo lugar, e dentro do proxecto PITEA S, onte contamos no centro coa visita de David Ballesteros, afamado científico que fixo as delicias dos numerosos alumnos do centro concentrados onte no ximnasio para buscar con el explicacións científicas a cada un dos experimentos que realizou para nós.

David nos fixo descubrir a todos que a ciencia e os experimentos son unha actividade ben divertida coa que podemos aprender ao tempo que pasalo ben, e que investigar nas propiedades de cada material pode levarnos a descubrir cousas realmente curiosas e sorprendentes.

DENDE ATIOS QUEREMOS DESEXARVOS A TODOS UN FELIZ DÍA DO LIBRO,, hoxe, a touro pasado, porque os libros onte, hoxe  e todos os días son un auténtica festa para celebrar e desfrutar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario