Hoxe celebramos en Atios o Día das Bibliotecas Escolares; tivemos a grande sorte de contar coa colaboración do AMPA que se implicaron a tope coa celebración e encheron o cole de personaxes de libros.
Cando chegaron hoxe os mestres ás aulas atoparon unha nota enriba das súas mesas que lle leron a todos os alumnos do cole e dicía:
ONTE, MENTRES FACÍAMOS OS ÚLTIMOS PREPARATIVOS PARA CELEBRAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, OCORREU UN ACCIDENTE: VARIOS LIBROS CAERON DOS ANDEIS E ALGUNHAS PERSONAXES ESCAPARON A CORRER SEN QUE PUIDÉSEMOS FACER NADA PARA EVITALO.
SE AS ATOPADES POLO COLEXIO, NON VOS PREOCUPEDES, NON SON PERIGOSAS.
ESTAMOS A TRABALLAR PARA SOLUCIONAR O PROBLEMA O ANTES POSIBLE. DESCULPADE AS MOLESTIAS
O EQUIPO DA BIBLIOTECA
Personaxes de libro coma o soldado de Alicia no país das maravillas, a fada de Cincenta, os monstros mariños de 20.000 leguas de viaxe submarina, a protagonista de Grandes esperanzas de Dickens, ... percorreron os corredores da escola durante toda a mañá.
Durante os recreos de infantil, primaria e secundaria, os alumnos poideron desfrutar de pequenas representacións de pedaciños de libros da nosa biblioteca:
20.00 leguas de viaxe submarina
Drácula
O principiño
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES A TODOS!!!!
MOITÍSMAS GRACIAS AOS PAIS E NAIS DA AMPA QUE HOXE ESTÁN A ENCHER O NOSO COLE DE HISTORIAS DE LIBROS MARABILLOSOS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario