O pasado luns deron comezo as sesións de contacontos de medo que todos os anos preparan os alumnos e alumnas de quinto e sexto para todo o alumnado de educación infantil e primaria.
O luns tocoulles o turno ao grupo de quinto C que representaron "O monstro dos soños" para os nosos pequeniños de infantil.
O martes foi o turno de 6ºB que fixeron unha magnífica dramatización de obra "A noite de samaín" que nos encantou a todos o alumnado de primeiro e segundo.
O mércores o alumnado de 6º B encargouse dunha nova dramatización, neste caso foi " A muller de negro". Que ben o fan estes rapaces e rapazas de sexto ¡¡¡¡
Mañá venres o curso de 5ºB vai dramatizar "Monstros e pantasmas" e 6º A "A lenda do xigante de Chale" o vindeiro luns.
Sen dúbida está a ser unha semana terrorífica, que aínda que pasou o Samaín, en Atios gústanos aproveitar o mes de novembro ata o final e rir e tremer coas historias dos nosos compañeiros.
GRACIAS POLO VOSO TRABALLO PROFES E RAPAZADA DE QUINTO E SEXTO!!!!!
luns, 18 de novembro de 2019
martes, 12 de novembro de 2019
CONTACONTOS POLO BO TRATO
Aínda co sabor das castañas na boca e disfrutando das cabazas talladas e centros de outono expostos na nosa escola, en Atios non paramos e hoxe tivemos a sorte de contar coa presencia de Jorge e Lorena, os pais de Teo de primeiro,que fixeron as delicias de todos nós cun mix de historias ben coñecidas por todos nós (Iriña bailarina, O segredo de flora,...) nunha versión moi particular que sirveu para lembrarnosa todos e todas a importancia de loitar contra o mal trato en todos os lugares e e en todas as situacións.
Estarán na nosa biblioteca hoxe martes, o xoves e o venres para deleitarnos coas súas historias.
MOITAS GRAZAS POLA VISITA!!!! AOS NENOS E NENAS DE ATIOS NOS ENCANTAN OSVOSOS CONTOS!!!!!
xoves, 7 de novembro de 2019
SAMAÍN
Estes días as pantasmas, os esqueletes e os espíritos enchen todos os recunchos da nosa escola, e por suposto tamén a biblioteca.
Parte dos libros dos andeis da biblioteca e das bibliotecas de aula apareceron soterrados durante o Samaín e seguen baixo terra en espera de que os lectores os rescaten porque xa se sabe.... que os libros morren cando non teñen lectores que percorran as súas letras e lles dean vida ás súas historias.
Mañá celebraremos o Samaín e o Magosto na escola, as nosas festas de outono favoritas. FELIZ SAMAÍN E BOA CASTAÑADA A TODOS!!!
Parte dos libros dos andeis da biblioteca e das bibliotecas de aula apareceron soterrados durante o Samaín e seguen baixo terra en espera de que os lectores os rescaten porque xa se sabe.... que os libros morren cando non teñen lectores que percorran as súas letras e lles dean vida ás súas historias.
Mañá celebraremos o Samaín e o Magosto na escola, as nosas festas de outono favoritas. FELIZ SAMAÍN E BOA CASTAÑADA A TODOS!!!
HOXE NOS VISITOU... ANTÓN CORTIZAS
Hoxe os nenos e nenas de educación infantil tiveron a oportunidade de escoitar a Antón Cortizas e as súas historias no transcurso do seu proxecto adicado aos animais; foi un momento marabilloso cheo de fermosas lecturas, palabras en galego e sorrisos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)