O pasado luns deron comezo as sesións de contacontos de medo que todos os anos preparan os alumnos e alumnas de quinto e sexto para todo o alumnado de educación infantil e primaria.
O luns tocoulles o turno ao grupo de quinto C que representaron "O monstro dos soños" para os nosos pequeniños de infantil.
O martes foi o turno de 6ºB que fixeron unha magnífica dramatización de obra "A noite de samaín" que nos encantou a todos o alumnado de primeiro e segundo.
O mércores o alumnado de 6º B encargouse dunha nova dramatización, neste caso foi " A muller de negro". Que ben o fan estes rapaces e rapazas de sexto ¡¡¡¡
Mañá venres o curso de 5ºB vai dramatizar "Monstros e pantasmas" e 6º A "A lenda do xigante de Chale" o vindeiro luns.
Sen dúbida está a ser unha semana terrorífica, que aínda que pasou o Samaín, en Atios gústanos aproveitar o mes de novembro ata o final e rir e tremer coas historias dos nosos compañeiros.
GRACIAS POLO VOSO TRABALLO PROFES E RAPAZADA DE QUINTO E SEXTO!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario