martes, 21 de abril de 2020

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO... PECHADOS NAS CASA

Achégase o DÍA DO LIBRO, unha das datas máis fermosas para calquera biblioteca e para todos os lectores e lectoras de Atios, e aínda que continuamos pechados nas casas por mor do coronavirus non imos deixar de celebrar esta data o vindeiro xoves 23 de abril.

Seguro que hai mil maneiras de celebralo dende as nosas casas, por suposto cun libro na man aproveitando que todos e todas temos máis tempo para adicarlle á lectura estes días de obrigado confinamento.


Unha maneira de celebralo é coa proposta que fai o equipo de infantil para todo o cole e que vos incluín na entrada anterior; animádevos, pode ser ben divertido, e  mandádenos fotos, nos encantará recibilas.

En Atios tiñamos pensado adicarlle este día a unha autora da comarca, a Ana Varela, que ven de publicar hai pouco unha fermosa obra titulada "Onde nacen as hedras"; o estado de alarma vai impedir a súa presencia no centro e a celebración que tiñamos acordada con ela... o faremos noutra ocasión, pero vos animamos a ler este fermoso libro e celebrar con ela o Día do Libro.


Esta semana coñecimos a nova do falecemento dunha grande poetisa galega, Luz Pozo Garza, ler algún dos títulos publicados por ela tamén pode ser unha boa maneira de celebrar o Día do Libro.



 MOI BO DÍA DO LIBRO A TODOS OS LECTORES E LECTORAS DE ATIOS!!!!!

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO... PECHADOS NAS CASAS