Seguro que hai mil maneiras de celebralo dende as nosas casas, por suposto cun libro na man aproveitando que todos e todas temos máis tempo para adicarlle á lectura estes días de obrigado confinamento.
Unha maneira de celebralo é coa proposta que fai o equipo de infantil para todo o cole e que vos incluín na entrada anterior; animádevos, pode ser ben divertido, e mandádenos fotos, nos encantará recibilas.
En Atios tiñamos pensado adicarlle este día a unha autora da comarca, a Ana Varela, que ven de publicar hai pouco unha fermosa obra titulada "Onde nacen as hedras"; o estado de alarma vai impedir a súa presencia no centro e a celebración que tiñamos acordada con ela... o faremos noutra ocasión, pero vos animamos a ler este fermoso libro e celebrar con ela o Día do Libro.
Esta semana coñecimos a nova do falecemento dunha grande poetisa galega, Luz Pozo Garza, ler algún dos títulos publicados por ela tamén pode ser unha boa maneira de celebrar o Día do Libro.
MOI BO DÍA DO LIBRO A TODOS OS LECTORES E LECTORAS DE ATIOS!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario