sábado, 17 de abril de 2021

Día do Libro 2021

Este venres falará con nós a nosa homenaxeada este ano no Día do Libro:

Ana Varela Miño naceu en Narón, en 1978, e é licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Na actualidade traballa como tradutora e intérprete da Administración de Xustiza no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 

Traduciu ao galego textos de Edgar Allan Poe e contos de Virginia Woolf. Tamén verteu ao castelán poemas de Antía Otero. En 2017 gañou o Certame de Poesía Francisco Añón con "Asombrario", o seu primeiro libro, e en 2019 obtivo o VI Premio Gonzalo López Abente con "Onde nacen as hedras".

Este é o cartel que fixemos para conmemorar e anunciar a súa visita, clicando sobre el, poderedes ler unha entrevista moi interesante que concedeu ao xornal La Voz de Galicia en xullo de 2019.



Ningún comentario:

Publicar un comentario