ACTIVIDADES COMPLEM/EXTRAESCOLARES

martes, 26 de outubro de 2021

LECTURAS PARA SAMAÍN

Feliz Samaín!

Happy Halloween! 

Joyeuse Fête de la Toussaint!

Para celebrar esta data, temos obras procedentes de todas as literaturas europeas e da norteamericana. Debaixo da imaxe tedes unha selección das máis nomeadas. 

Lembrade que podedes coller da biblioteca calquera dos libros da exposición feita para o Samaín, se ousades ...

• SHELLEY, Mary. Frankenstein.

•  DOCAMPO, Xabier P. Cando petan na porta pola noite.

• STOKER, Bram. Drácula.

• FERNÁNDEZ PAZ, A. Cartas de inverno.

• POE, Edgar Allan. Cuentos macabros.

• FOLE, Ánxel. Á lus do candil.

• JAMES, Henry. Otra vuelta de tuerca.

• MOURE, Gonzalo. A noite no Risón.

• LOVECRAFT, H.P. La llamada de Cthulhu.

• IRVING, Washington. A lenda de Sleepy Hollow.

• STEVENSON, R.L. El extraño caso del Dr. Jekyll y Mr. Hyde.

• MIRANDA, Xosé. As mans do medo.

• MAUPASSANT, Guy de. Cuentos completos de terror, locura y muerte.

• GASPAR, Silvia. Antoloxía do conto galego de medo.

• HODGSON, W.H. Carnaki. El cazador de fantasmas.

• VV. AA. Contos de medo. Ed. Xerais.

• BRADBURY, Ray. El árbol de las brujas.

 • LEROUX, Gaston. O fantasma da ópera.

• MEYNRIK, Gustav. O Gólem.

• MAURIER, Daphne du. El muñeco.

• WILDE, Oscar. El retrato de Dorian Gray.

• HAWTHORNE, Nathaniel. La casa de los siete tejados.

• DICKENS, Charles. Para leer al anochecer.

martes, 19 de outubro de 2021

Día das Escritoras

 Cada ano, o luns máis próximo ao 15 de outubro celébrase o Día das Escritoras, por ser este o día en que se conmemora o pasamento de Santa Teresa.

O departamento de lingua castelá explicou moi claramente en cifras a necesidade de celebrar este día, pois en España:

    - o 86% dos premios literarios do ministerio condédense a homes.
    - os homes publican o dobre que as mulleres, cando elas representan o 68% dos lectores.
    - a presencia de mulleres nos libros de texto é inferior ao 16%.
    - na RAE so houbo 11 mulleres académicas.
    - o premio Cervantes foi concedido a 5 mulleres fronte a 40 homes en 42 anos.
    - e o Premio Nacional de las Letras Españolas a 6 mulleres fronte a 31 homes, e iso tendo en conta que se creou en  1984...
 
Ademais: 

    - o Nobel de Literatura so foi concedido a 16 mulleres, fronte a 90 homes.
    - e as o Días das Letras Galegas so foi adicado a 5 mulleres, fronte a 54 homes.

Para saber estas e máis cousas achegádevos á exposición a carón da sala de profesores.



Parabéns a todas as futuras escritoras que hoxe veñen ao cole!!!

Lembrade usar xel se queredes botarlles algo máis que o ollo aos libros ...


Velaquí tedes uns enlaces a:



Moitas grazas ao departamento de lingua castelá por fornecer os datos e os enlaces!