Cada ano, o luns máis próximo ao 15 de outubro celébrase o Día das Escritoras, por ser este o día en que se conmemora o pasamento de Santa Teresa.
O departamento de lingua castelá explicou moi claramente en cifras a necesidade de celebrar este día, pois en España:
- o 86% dos premios literarios do ministerio condédense a homes.
- os homes publican o dobre que as mulleres, cando elas representan o 68% dos lectores.
- a presencia de mulleres nos libros de texto é inferior ao 16%.
- na RAE so houbo 11 mulleres académicas.
- o premio Cervantes foi concedido a 5 mulleres fronte a 40 homes en 42 anos.
- e o Premio Nacional de las Letras Españolas a 6 mulleres fronte a 31 homes, e iso tendo en conta que se creou en 1984...
Ademais:
- o Nobel de Literatura so foi concedido a 16 mulleres, fronte a 90 homes.
- e as o Días das Letras Galegas so foi adicado a 5 mulleres, fronte a 54 homes.
Para saber estas e máis cousas achegádevos á exposición a carón da sala de profesores.
Parabéns a todas as futuras escritoras que hoxe veñen ao cole!!!
Lembrade usar xel se queredes botarlles algo máis que o ollo aos libros ...
Velaquí tedes uns enlaces a:
Moitas grazas ao departamento de lingua castelá por fornecer os datos e os enlaces!
Ningún comentario:
Publicar un comentario