domingo, 26 de novembro de 2023

 

 

                           XORNADAS  BIBLIOTECAS  ESCOLARES DE  GALICIA

 

  O pasado 19 de novembro de 2023 tres membr@s do equipo da biblioteca do CPI de Atios, asistiron ás xornadas sobre Bibliotecas Escolares, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela. 

Alí tiveron a oportunidade de escoitar a moitas persoas expertas en lectura e diseño de Banda Diseñada, temática que este ano se traballa dende as bibliotecas escolares co lema: "Unha biblioteca en viñetas".






 

 

 

CARRIÑOS  LECTORES  DA  BIBLIATIOS 


Durante o primeiro trimestre do curso o alumnado de primaria

pode disfrutar das lecturas dos carriños lectores que están nos

 corredores do colexio.

O único que hai que facer e pedirlle ao prof@ poder coller un libro, abrilo e disfrutar da historia!!

A que é ben sinxelo?

Tamén podes tirar dunha revista DOC ou dun

 xornal escolar... "O PAPAGAIO"




 

 

 

 

 

Novidades

   

Dende o inicio do curso 

na Bibliatios temos 

novidades de lectura 

para todas as idades e gustos. 

              Ven a coñecelas.                   

                Esperamos que vos...              

ENCANTEN!! 

 


 

 

OBRA DE TEATRO POLO SAMAÍN NA BIBLIATIOS!!

 

Un grupo de alumnas e alumnos de sexto curso de primaria, por iniciativa propia, decidiron preparar na biblioteca, durante os recreos, unha obra de teatro adaptando o libro "O NOSO SAMAÍN".

Vestimenta, decorado todo pensado e argallado por el@s. Tamén as FAMILIAS se implicaron moitísimo, axudándolles na elaboración de obxectos como por exemplo facer unha casa con cartón, luces...

A obra foi representada a todo o alumnado de primaria do CPI de Atios e a 1º curso da ESO.

Aquí deixamos unhas fotos dese día.

 

Agradecervos o voso traballo, ás familias pola axuda, e animarvos a continuar facendo actividades tan bonitas e enriquecedoras. Noraboa!!




 

             EXPOSICIÓNS  NA  BIBLIATIOS!   

                                                         Achégate, ollea e disfruta dunha historia!!