domingo, 26 de novembro de 2023

 

OBRA DE TEATRO POLO SAMAÍN NA BIBLIATIOS!!

 

Un grupo de alumnas e alumnos de sexto curso de primaria, por iniciativa propia, decidiron preparar na biblioteca, durante os recreos, unha obra de teatro adaptando o libro "O NOSO SAMAÍN".

Vestimenta, decorado todo pensado e argallado por el@s. Tamén as FAMILIAS se implicaron moitísimo, axudándolles na elaboración de obxectos como por exemplo facer unha casa con cartón, luces...

A obra foi representada a todo o alumnado de primaria do CPI de Atios e a 1º curso da ESO.

Aquí deixamos unhas fotos dese día.

 

Agradecervos o voso traballo, ás familias pola axuda, e animarvos a continuar facendo actividades tan bonitas e enriquecedoras. Noraboa!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario