ACTIV COMPLEM/EXTRAESC, DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, BIBLI SOLIDARIAS, MOCHILAS VIAXEIRAS

venres, 24 de outubro de 2025

 

                          24 DE OUTUBRO   "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES"



       Iniciamos o curso escolar realizando diversidade de actividades.

       E como vimos facendo fai xa varios cursos, o alumnado de 1º e 2º                 curso de primaria, irán a repartir o seu marcapáxinas a todo o                       alumnado, profesorado e outro persoal do centro.

            






   Actividade proposta pola Asesoría das Bibliotecas Escolares:

   O tema deste ano das Bibliotecas Escolares dedícase a un tema de máxima actualidade: "a loita contra a desinformación". Con este motivo "La Voz de Galicia" comparte un contido informativo cos centros educativos, co obxectivo de concienciar ao alumnado sobre a importancia de acceder a fontes fiables, contrastar información e desenvolver o pensamente crítico.

O xornalista César Rodríguez ofrecerá un relatorio sobre a IA (desInformAción) na biblioteca do IES Urbano Lugrís, de Malpica, na que se abordarán cuestións como que é a desinformación, en que contexto se produce, a IA e a sabedoría das multitudes: algo é certo se se repite moito, imaxes e vídeos: autopistas para a desinformación e facilitará pautas para combater a desinformación clásica e a nova.

A charla, pensada para alumnado de educación secundaria emitirase en directo por diferentes canles de La Voz de Galicia e o seu programa educativo (Prensa-Escuela). Os centros que o desexen poderán conectarse en directo coa emisión e seguir o relatorio, así coma enviar preguntas pola canle de YouTube: 


                  A loita contra a desinformación    (clicar sobre o título)






Ningún comentario:

Publicar un comentario