luns, 20 de abril de 2015

ADICAMOS O DÍA DO LIBRO A MEDOS ROMERO

Esta semana todas as bibliotecas estamos de festa, celebramos o 23 de abril que no noso cole adicamos este ano á poeta Medos Romero.


Remedios Fernández Romero naceu o 21 de outubro de 1951 na parroquia de Somede, no concello de As Pontes; as paisaxes da súa aldea natal enchen moitos dos seus poemas.

CARA Ó FREIXO

Canta a cobra.
Estala o sol nos medeiros,
Aló, monte arriba,

lonxe, nunha restreba.


ABAIXO DA ALDEA DE ABAIXO
Ondea a auga co vento,
moura e calada,
entre dos calaxós.
Un troiteiro cruza caladiño
cara a Malvís
na lancha, río arriba.
Os regatos verten sen canseira.
Só o croar dunha pega
racha este silencio.

NINGÚN DE NÓS
O noso carro canto hai que adorna o museo.
Cando meu pai se vaia,
ningún de nós tocará peza algunha
no fermoso acordeón italiano.
Non saberemos facer cestos,
Nen sequera recoñecer os cuartos da lúa.
Moito antes xa perdera a forxa o seu ferreiro,
E o vello Antón baduaba nos camiños
Tras dun enxame que nunca se habería de pousar.

Medos Romero vive hoxe en Valdoviño e traballa como enfermeira en Ferrol.

Ten publicados numerososos libros de poemas:
  • Rendéome no tempo1998, edición da autora, Pontedeume.
  • Ámome en por min1999Espiral Maior.
  • O peso da derrota2000, Espiral Maior.
  • Lenzo das madrugadas2003, Follas Novas.
  • O pozo da ferida2006Deputación da Coruña.
  • A seitura dos tristes, 2006, Follas Novas.
  • Do corpo e a súa ausencia2010, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
  • A ansia do lóstrego2012, Follas Novas.
Aproveitade o Día do Libro para rebuscar nas librarías os seus libros ou achegádevos ás feiras dos libros que estes días se celebran na provincia para buscalos; o vindeiro xoves teremos a súa visita na nosa biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario